Pestanas principais

Realízanse controis de seguimento da restrición de paso dos vehículos pesados pola avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro

Luns, 02 de decembro de 2019

Esta mañá retomáronse os controis de seguimento da restrición de paso dos vehículos pesados, con MMA maior a 30 toneladas, pola N-550 ao seu paso pola avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro. Ditos controis, que continuarán durante as vindeiras semanas, son realizados pola Garda Civil de Tráfico en colaboración coa Policía Local de Ames. Durante a mañá de hoxe, sancionouse a 7 condutores de camións de máis de 30 toneladas que circulaban pola avenida de Rosalía de Castro.

Esta mañá a concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, e mailo concelleiro de Seguridade Cidadá, Víctor Fernández, achegáronse ata a avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro, onde se están realizando controis de seguimento da restrición de paso dos vehículos con MMA maior a 30 toneladas. Ditos controis son realizados pola Garda Civil de Tráfico en colaboración coa Policía Local de Ames.

Dende o pasado 12 de decembro de 2018 os vehículos pesados teñen prohibido circular pola avenida de Rosalía de Castro. Posteriormente, en febreiro deste ano colocáronse na AG-56 e no corredor AC-522 as sinais que proporcionan información sobre a ruta alternativa de circulación para non atravesar O Milladoiro. Dende ese momento a Garda Civil de Tráfico realizou diversos controis para velar polo cumprimento de dita normativa.

Os vehículos pesados teñen que desviarse dende a SC-20 (á altura da gasolineira) cara a autoestrada AG-56 e polo corredor AC-522, ata a glorieta das Galanas, situada na N-550. Os únicos camións que poden circular pola avenida de Rosalía de Castro son os que se dirixan ao parque empresarial do Milladoiro e aos concesionarios situados no lugar de Reborido (zona sur do Milladoiro).

O cumprimento da normativa sobre a prohibición de circular pola avenida de Rosalía de Castro está sendo elevada, pero aínda así, realízanse controis de seguimento como o que comezou este luns 2 de decembro co obxectivo de disuadir aos condutores e que circulen polas rutas alternativas. Durante a mañá de hoxe, sancionouse a 7 condutores de camións de máis de 30 toneladas que circulaban pola avenida de Rosalía de Castro. Ditos controis continuarán durante as vindeiras semanas.

A concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, destacou que “debido a que as sinais de prohibición xa levan colocadas preto dun ano e cremos que é un tempo máis que razoable, agora estase procedendo a sancionar a aqueles condutores de vehículos pesados que non respectan  a norma de non circular pola avenida de Rosalía de Castro”.

Medición dos camións que circulan pola avenida de Rosalía de Castro
Ademais, a concelleira de Mobilidade adiantou que no vindeiro mes de xaneiro se realizará unha medición dos camións que circulan pola avenida de Rosalía de Castro. Deste xeito, medirase a frecuencia coa que pasan, a súa tara, e outro tipo de datos, que se recollerán nun informe.

Ata o mes de febreiro aínda hai camións que teñen un permiso concedido pola Xefatura de Tráfico para circular pola avenida de Rosalía de Castro, pero a partir dese momento os permisos terán que ser autorizados polo concello competente e aboar as taxas correspondentes á tramitación de dita autorización.
 
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Víctor Fernández, explica que “o cumprimento da normativa, que están facendo os profesionais do transporte, de non circular polo centro do Milladoiro está sendo bastante efectivo, pero aínda así este tipo de controis evidencian que é necesario reforzar os controis para garantir que se cumpre a norma ao 100%. Hai que agradecer a colaboración prestada pola Agrupación de Tráfico da Garda Civil, así como o traballo que está realizando neste senso a Policía Local de Ames”.

Víctor Fernández tamén salientou que o Concello vén de adquirir un radar móbil láser para a Policía Local, co que se poderán facer controis de velocidade nas estradas municipais. O radar comezará a funcionar nas vindeiras semanas co obxectivo de mellorar a seguridade viaria.

 

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Multados siete tráileres por cruzar Milladoiro sin permiso"

Compostela 24 horas: "Control e seguimento da restrición de paso dos vehículos pesados desde o luns no Milladoiro"

Realízanse controis de seguimento da restrición de paso dos vehículos pesados pola avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro

Multimedia

  • Realízanse controis de seguimento da restrición de paso dos vehículos pesados pola avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro
  • Realízanse controis de seguimento da restrición de paso dos vehículos pesados pola avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro
  • Realízanse controis de seguimento da restrición de paso dos vehículos pesados pola avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro
  • Realízanse controis de seguimento da restrición de paso dos vehículos pesados pola avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro