Pestanas principais

Preto de 350 persoas participaron na marcha ciclista nocturna da VII Semana da Mobilidade de Ames

Sábado, 20 de setembro de 2025

O Concello de Ames celebra por sétimo ano consecutivo a “Semana Europea da Mobilidade”, que nesta ocasión, se está a desenvolver entre os días 19 e 21 de setembro, cunha serie de actividades a prol da mobilidade activa, do transporte público e doutros medios sostibles. Deste xeito, o programa inclúe unha marcha ciclista nocturna, celebrada na xornada de onte, venres 19, e que contou con preto de 350 participantes; un circuíto de educación viaria, xogos en bici e maila primeira edición da Ames Gravel Social Ride que organiza o Club ciclista Ames. Este ano o lema é “Mobilidade para todas as persoas”, cunha campaña que pretende promover o uso de modos de transporte máis sostibles, en particular, o transporte público, a bicicleta e os desprazamentos a pé.

A marcha ciclista nocturna volveu ser, unha edición máis, a actividade estrela desta “Semana Europea da Mobilidade”, batendo o récord de inscricións de edicións anteriores. No 2024, participaron arredor de 230 persoas, mentres que este ano a participación chegou ás 340 persoas. Así mesmo, participaron na marcha varios integrantes do Club Ciclista Ames como mostra de apoio a esta iniciativa.  

O concelleiro de Mobilidade, Víctor Fernández, subliñou que “a participación na marcha ciclista nocturna non deixa de medrar, o que significa que é unha actividade que gusta á veciñanza, que cada vez está máis concienciada da necesidade do uso de modos de transporte sostibles, especialmente o transporte público, a bicicleta e os desprazamentos a pé. Ademais, hai que destacar que nesta actividade participan moitas familias, con nenos e nenas pequenos, e é fundamental que se conciencien dende pequenos a facer deporte e de empregar outros medios de transporte fóra do coche particular”. 

O alcalde, Blas García, puxo en valor os dispositivos que tanto a Policía Local como Protección Civil despregaron para garantir en todo momento a seguridade da marcha pois “a celebración desta actividade non sería posible sen a colaboración e a implicación destes corpos”. Ademais, indica que “a programación do sábado está especialmente dirixida aos máis pequenos, para que teñan unha educación viaria o máis axeitada posible e, mañá, teremos a primeira Ames Gravel Social Race, na que esperemos que se anime a participar moita xente”.

Marcha ciclista nocturna
O percorrido  de oito quilómetros desta edición realizouse sen ningunha incidencia e garantindo todas as medidas de seguridade. Deste xeito, o grupo de participantes foi escoltado en todo momento, ademais de levar cadanseu os seus pertinentes chalecos, cascos e luces, tal e como recomendou a Policía Local cando se presentou a actividade. Saíron dende a praza do Concello e percorreron varias rúas da localidade de Bertamiráns e tamén se achegaron ata o lugar de Sisalde.

Circuíto de educación viaria e xogos populares en bicicleta
Na mañá de hoxe, sábado día 20, o aparcadoiro de Agriños, no Milladoiro, acolleu as actividades e xogos orientados á rapazada. Deste xeito, acolleu durante toda a mañá un circuíto de educación viaria e un amplo abano de xogos populares en bicicleta. Nesta xornada, a rapazada puido gozar dos circuítos en bicicleta coa súa práctica deportiva ao tempo que recibiron recomendacións con respecto ao uso correcto deste medio de transporte. O obxectivo foi introducir aos máis pequenos en diferentes escenarios cos que poden atoparse no seu día a día, desde o uso de semáforos, cruces ou pasos de peóns, para saber actuar ante todo tipo de situacións na vía pública. Para estas actividades contouse coa colaboración do persoal da área de Educación viaria da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña.

Ames Gravel Social Ride
A programación pecharase mañá domingo, 21 de setembro, coa primeira edición da Ames Gravel Social Ride que organiza o Club Ciclista Ames coa colaboración da Concellaría de Deportes. A saída será ás 9.30 dende o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Trátase dun marcha non competitiva e que terá un percorrido aproximado duns 43 quilómetros, cun desnivel de 700 metros. 

A proba estará divida en dous tramos, unha primeira parte duns 22 quilómetros que percorrerá o norte do concello, correspondendo á zona máis elevada de Ames. Tras o primeiro tramo, haberá unha zona de avituallamento no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, que dará paso á segunda metade da marcha, na que o percorrido será por unha zona máis chá. 

Con estas dúas partes ben diferenciadas, búscase incluír a todo perfil de ciclistas, desde os máis principiantes ata os máis avanzados pois cada quen pode decidir se realizar a carreira completa ou ben realizar só un dos dous tramos. 

Mobilidade para todas e todos
A Semana Europea da Mobilidade é unha campaña dirixida a sensibilizar, tanto aos responsables políticos como á cidadanía, sobre as consecuencias negativas que ten para a saúde pública e o medio ambiente o uso excesivo do coche na cidade. Así mesmo, busca promover o uso de modos de transporte máis sostibles, en particular, o transporte público, a bicicleta e os desprazamentos a pé. “Mobilidade para todas e todos” é o lema da VII Semana Europea da Mobilidade do Concello de Ames. 

Novas relacionadas: 

El Correo Gallego: "La marcha ciclista nocturna bate récord de participación en Ames con 340 deportistas"

Diario de Santiago: "Preto de 350 persoas participaron na marcha ciclista nocturna da VII Semana da Mobilidade de Ames"

Preto de 350 persoas participaron na marcha ciclista nocturna da VII Semana da Mobilidade de Ames

Multimedia

  • Preto de 350 persoas participaron na marcha ciclista nocturna da VII Semana da Mobilidade de Ames