Pestanas principais

Departamento de Bibliotecas

    • Biblioteca Municipal de Bertamiráns: Praza de Chavián s/n. 15220. Bertamiráns, Ames
    • Biblioteca Municipal do Milladoiro: Rúa Raxoeira, nº 14 baixo. 15895. O Milladoiro, Ames
    • Horario de atención ao público:
      • Inverno: (16 de setembro a 15 de xuño)
      • De Luns a Venres: de 9.00 a 20.50h.
      • Sábados: de 9.00 a 13.50h.
      • Verán: (16 de xuño a 15 de setembro)
      • De Luns a Venres: de 9.00 a 14.00h.
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura
Outros Datos: 
  • Programación actividades bilbiotecas outubro-decembro 2020
  • Funcións:
    • Reunir, organizar e pór a disposición da comunidade un conxunto equilibrado de materiais bibliográficos, gráficos, audiovisuais ou noutros soportes, que permitan o acceso á información e a afondar nos distintos campos do coñecemento.
    • Ser en si mesma o centro básico de información da área á que serve.
    • Promover, estimular e fomentar o uso dos seus fondos entre a cidadanía, mediante os servizos necesarios e as actividades educativas e culturais complementarias, incidindo na poboación infantil e xuvenil e nos colectivos de usuarios/as con características especiais.
    • Cooperar coas demais bibliotecas mediante o intercambio de información, préstamo interbibliotecario e realización conxunta de actividades.
  • Normativa:

-Regulamento da Biblioteca Municipal de Ames

  • Lei de Bibliotecas de Galicia:

-Descargar PDF.

  • Documentos:

-Catálogo da Biblioteca.

-Guía da Biblioteca.

-Inscrición na biblioteca.

  • Centros de interese:

-Descargar PDF.

  • Seccións por idades:

-Descargar PDF.

  • Desideratas:

-Descargar PDF.

 

Novas do departamento

As bibliotecas municipais de Ames preparan un novo obradoiro co gallo da celebración do Día Mundial da Poesía. O taller, que está dirixido á rapazada de 3º a 6º de Primaria, terá lugar o venres 24 de marzo no Milladoiro, e o sábado 25 en Bertamiráns. É preciso anotarse previamente para participar, entre hoxe, día 13, e o vindeiro mércores 22. As inscricións poden facerse escribindo ao enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal ou chamando aos números 981 53 08 07 (no caso de querer asistir ao obradoiro do Milladoiro) ou 981 88 48 29 (no caso de querer asistir ao de Bertamiráns).  

As bibliotecas municipais de Ames preparan un novo obradoiro co gallo da celebración do Entroido, que xirará en torno á creación de máscaras do Entroido tradicional galego. O taller, que está dirixido á rapazada de 3º a 6º de Primaria, terá lugar o venres 10 de febreiro no Milladoiro, e o sábado 18 en Bertamiráns. É preciso anotarse previamente para participar, e as inscricións pódense facer escribindo ao enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal ou chamando aos números 981 53 08 07 (no caso de asistir ao obradoiro do Milladoiro) ou 981 88 48 29 (no caso de asistir ao de Bertamiráns).

As bibliotecas municipais do Concello organizaron unha serie de actividades infantís e dirixidas a adultos durante o mes de decembro e comezos do próximo mes de xaneiro. Na nova programación haberá contacontos, obradoiros creativos e coloquios con invitadas especiais. Ademais, todos os mércores organízanse os #Dixicontos, aos que se pode acudir virtualmente a través da páxina de Facebook da biblioteca para que os máis pequenos creen contos.

As bibliotecas municipais do Concello de Ames organizaron unha serie de actividades para o mes de marzo relacionadas coas dúas grandes celebracións do mes: o Día da Muller e o Día da Poesía. Dita programación recolle varias presentacións. O 10 de marzo realizarase a presentación da obra Irmandiñas, con Aurora Marco, acompañada do grupo musical Barahúnda. O 17 de marzo presentarase a obra Libres e Vivas coa presentación de varias autoras. As dúas presentacións serán no Pazo da Peregrina, ás 20.00 horas. Ademais, o 12 de marzo, ás 20.00 horas, proxectarase na Casa da Cultura do Milladoiro o documental Vértices de Versos sobre a poesía galega contemporánea, mentres que o martes 23 de marzo, tamén no Pazo da Peregrina, realizarase unha sesión de recitais de poesía e faladoiro sobre a poesía actual en Galicia.

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames vén de anunciar a súa programación infantil para os meses de outubro, novembro e decembro, cunha serie de seis obradoiros e sesións de narrativa oral que terán lugar tanto na biblioteca do Milladoiro como na de Bertamiráns. O prazo para inscribirse en “Xogando cos contos”, unha sesión de contacontos dirixida a nenas e nenos dos 3 aos 8 anos, xa está aberto dende hoxe 26 de setembro.

As bibliotecas municipais do Concello organizaron unha serie de actividades especiais por mor do Día das Bibliotecas, que se celebra o vindeiro sábado 24 de outubro. Na nova programación haberá contacontos infantís e obradoiros creativos para que os máis pequenos creen contos. Ademais, os adultos poderán acudir á sesión de contacontos “Pequenas historias subversivas”, a cargo de Dani Blanco.

Xa están abertas as inscricións das tres propostas para a rapazada do Departamento de Bibliotecas amesán para este mes de marzo. A sesión de contacontos para crianzas de 3 a 8 anos “Historias que non son o que parecen”, actividades polo Día da Poesía e un obradoiro de banda deseñada, dirixido á rapazada da ESO e de 3º a 6º de primaria, son as tres actividades deste mes. Todas realizaranse por duplicado nas bibliotecas do Milladoiro e de Bertamiráns, cos seus respectivos horarios.

O departamento de bibliotecas de Ames propón dúas sesións de teatro para o mes de abril. A obra “O valo” será representada o venres 14 na biblioteca do Milladoiro, e o xoves 20 na de Bertamiráns. Trátase dun espectáculo infantil baseado no texto homónimo de Carlos Labraña, que gañou o IX Premio Manuel María de Literatura dramática infantil. A entrada é libre ata completar aforo. 

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames, dependente da Concellaría de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, presentou cinco novas propostas de animación á lectura entre o público infantil para o primeiro semestre deste ano 2023. Trátase de sesións de contacontos, que, como habitualmente, terán lugar tanto na biblioteca de Bertamiráns como na do Milladoiro, e que están enfocadas á cativada de entre 3 e 8 anos. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames ten programadas dúas actividades para a conmemoración do Día de Rosalía. A primeira delas, un xardín poético no que están participando todas as persoas que o desexen cos seus versos a Rosalía en ambas as dúas bibliotecas. Mentres que a segunda, é un coloquio sobre a vixencia da obra de Rosalía na actualidade, da man de Dolores Vilavedra e Daniel Asorey, que terá lugar o xoves 27 de febreiro, ás 20.00 horas, na Biblioteca do Milladoiro.

Eventos del departamento

As bibliotecas organizan en marzo uns obradoiros de banda deseñada. Os talleres desenvolveranse en Bertamiráns o sábado 12, ás 10:30 horas para cativada de 3º a 6º e ás 12:30 horas para as mozas e mozos da ESO.

As bibliotecas organizan en marzo uns obradoiros de banda deseñada. Os talleres desenvolveranse no Milladoiro o venres 11, ás 17:30 horas para nenas e nenos de 3º a 6º de primaria e ás 19:30 horas para o alumnado da ESO.

O departamento de Bibliotecas municipais  organiza para o mes de marzo uns obradoiros de creación de postais con poemas e collages. Está dirixido á rapazada que cursa estudos a partir de terceiro de educación primaria.

As bibliotecas municipais de Ames preparan un novo obradoiro co gallo da celebración do Entroido, que xirará en torno á creación de máscaras do Entroido tradicional galego. O taller, que está dirixido á rapazada de 3º a 6º de Primaria, terá lugar o venres 10 de febreiro no Milladoiro (ás 17:30 horas), e o sábado 18 en Bertamiráns (ás 11:30 horas). É preciso anotarse previamente para participar, e as inscricións pódense facer escribindo ao enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal ou chamando aos números 981 53 08 07 (no caso de asistir ao obradoiro do Milladoiro) ou 981 88 48 29 (no caso de asistir ao de Bertamiráns). No caso do obradoiro que se celebrará en Bertamiráns, o prazo de inscrición estará aberto dende o 6 ata o 15 de febreiro. 

As bibliotecas municipais de Ames preparan un novo obradoiro co gallo da celebración do Entroido, que xirará en torno á creación de máscaras do Entroido tradicional galego. O taller, que está dirixido á rapazada de 3º a 6º de Primaria, terá lugar o venres 10 de febreiro no Milladoiro (ás 17:30 horas), e o sábado 18 en Bertamiráns (ás 11:30 horas). É preciso anotarse previamente para participar, e as inscricións pódense facer escribindo ao enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal ou chamando aos números 981 53 08 07 (no caso de asistir ao obradoiro do Milladoiro) ou 981 88 48 29 (no caso de asistir ao de Bertamiráns). No caso do obradoiro que se celebrará no Milladoiro, o prazo de inscrición estará aberto dende o 30 de xaneiro ata o 7 de febreiro. 

Unha das propostas de animación á lectura infantil de decembro das bibliotecas de Ames será un obradoiro de manualidades de Nadal. O taller, dirixido á rapazada de 3º a 6º de primaria, terá lugar o venres 16 de decembro ás 17:30 horas, no Milladoiro, e o sábado 17, ás 11:30 horas, en Bertamiráns.

O departamento de Bibliotecas organiza un obradoiro de Nadal na biblioteca do Milladoiro o venres 15 de decembro e outro na biblioteca de Bertamiráns o sábado 16 de decembro. As inscricións pódense facer entre o 1 e o 15 de decembro chamando aos teléfonos 981 530 807/981 884 829 ou escribindo ao enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal

As bibliotecas amesás retoman as súas actividades para a rapazada de 3º a 6º de primaria, cun obradoiro de pintado de camisetas co gallo da celebración do Día de Rosalía. Os nenos e nenas máis maiores de primaria decorarán as prendas con algúns dos versos da escritora, cos que traballarán ao longo da xornada, e pintarán unha ilustración co seu retrato. Os talleres terán lugar o venres 25 no Milladoiro e o sábado 26 en Bertamiráns, ás 17:30 horas e ás 11:30 horas respectivamente. O prazo de inscrición abre o luns 14 e rematará o mércores 23 de febreiro.

A biblioteca do Milladoiro acolle o venres 12, ás 17:30 horas, un obradoiro de Zentangle dirixido á rapazada a partir de 3º de Primaria. O Zentangle é unha técnica artística que consiste na creación de imaxes a través de patróns que se repiten. Con esta técnica, a rapazada elaborará unha biografía ilustrada do autor Francisco Fernández del Riego, con motivo do Día das Letras Galegas. As persoas interesadas poden inscribirse do 2 ao 10 de maio, chamando ao número 981 53 08 07 ou escribindo un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal

A biblioteca de Bertamiráns acolle o sábado 13, ás 11:30 horas, un obradoiro de Zentangle dirixido á rapazada a partir de 3º de Primaria. O Zentangle é unha técnica artística que consiste na creación de imaxes a través de patróns que se repiten. Con esta técnica, a rapazada elaborará unha biografía ilustrada do autor Francisco Fernández del Riego, con motivo do Día das Letras Galegas. As persoas interesadas poden inscribirse do 2 ao 10 de maio, chamando ao número 981 88 48 29 ou escribindo un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal