Pestanas principais

Aula de Informática do Milladoiro

    • Enderezo: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesía do Porto s/n. 15895. O Milladoiro
    • Teléfono: 981 535 940
    • Horario de atención ao público:
    • Aula de informática do Milladoiro:
      • De luns a xoves de 16:00 a 20:00 os venres de 9:30 a 13:30.
      • No verán o horario da Aula de informática do Milladoiro é de 10:00 a 13:00
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación
    • Responsable técnico: Almudena Caamaño Rodríguez, animadora sociocultural
Outros Datos: 

Novas do departamento

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, a aula AMTIC, organiza para os meses de abril, maio e xuño dúas actividades para persoas adultas e outras dúas para nenos e nenas, co obxectivo de formar á veciñanza en cuestións de índole informática e dixital. Para participar, deberase enviar cuberto este formulario de inscrición a informatica.milladoiro@gmail.com. Tamén se poden facer inscricións no número de teléfono 698 172 347.

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación, a Aula AMTIC, organiza para estes meses de xuño e xullo tres novos cursos para público infantil e xuvenil arredor das artes dixitais. Para poder participar é preciso enviar cuberto este formulario de inscrición a informatica.milladoiro@gmail.com. Tamén se poderán facer inscricións no número de teléfono 698 172 347.

Dentro da súa programación para o primeiro trimestre de 2025, a Aula AMTIC ofrece cursos de informática para o desenvolvemento e capacitación dixital no medio rural. Levaranse a cabo a partir do 13 de xaneiro en Agrón, Trasmonte, Biduído, Bugallido e na Ameixenda. A formación é de balde, e inclúe 25 horas de clases prácticas, que se desenvolverán en clases de dúas a tres horas, un día á semana. As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono 674 594 843, en horario de atención de luns a venres de 9:30 a 14:00 horas. Aínda hai prazas dispoñibles.

O mércores 27 de novembro, ás 18:00 horas, terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro unha conferencia sobre o uso responsable das redes sociais organizada pola aula AMTIC. A charla, dunha hora de duración, abordará cuestións como o uso consciente destas plataformas ou algúns dos perigos asociados a elas. Está dirixida a público a partir de 16 anos. A inscrición pode facerse no teléfono 674 594 843, en horario de 9:30 a 14:00 horas, ou a través do enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal, enviando esta ficha cuberta e asinada.

A aula AMTIC do Concello de Ames vén de anunciar a convocatoria de catro novos cursos de formación para persoas adultas, así como outros catro para nenos e nenas, para os meses de xaneiro, febreiro e marzo do vindeiro 2026. Competencias dixitais básicas, Creación de web con WordPress, Iniciación ao correo electrónico e Uso básico de Internet serán os obradoiros destinados a usuarios e usuarias adultas, mentres que Iniciación á Informática, Scratch (Intermedio), Mecanografía para nen@s e Programación con placa Micro:bit estarán orientados aos cativos e cativas. Os cursos son gratuítos e as inscricións deberán facerse en informatica.milladoiro@gmail.com mediante o seguinte formulario ou ben no 698 172 347.

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (Aula AmTIC) do Concello de Ames, localizada no Milladoiro, oferta para os vindeiros meses de outubro e novembro novos cursos formativos: cinco dirixidos para persoas adultas e dous para menores. Os contidos dos cursos para adultos abranguen contidos moi amplos, como seguridade dixital, mecanografía ou ofimática. En canto o curso de menores, desta volta ofértase un curso de mecanografía e outro de nivel básico de informática. As persoas interesadas en realizar calquera dos cursos, deben facer a súa inscrición chamando a través do número de teléfono 674 59 48 43, escribindo un correo electrónico a informatica.milladoiro@gmail.com coa correspondente solicitude cuberta e asinada ou de xeito presencial na propia aula AMTIC do Milladoiro. Pódese descargar a ficha de inscrición na seguinte ligazón

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) xa ten preparada a programación para os primeiros meses deste 2025, con cursos dirixidos tanto a adultos coma para menores. As temáticas destes cursos abranguen contidos moi amplos e útiles para o mundo dixital, no caso dos adultos, dende a xestión avanzada do correo electrónico, a busca de emprego ata a mecanografía, e no caso dos menores, un uso avanzado nas ferramentas de busca en liña ou tamén mecanografía. As persoas interesadas en participar nalgún dos cursos poden facelo enviando cuberta a ficha de inscrición ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@gmail.com, chamando a través do teléfono 674 594 843 ou achegándose ata a aula AMTIC do Milladoiro en horario de luns a venres de 10.00 a 12.30 horas e de 16.00 a 20.00 horas. Pódese descargar a ficha de inscrición na seguinte ligazón.

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (Aula AmTIC) do Concello de Ames, localizada no Milladoiro, oferta para este mes de decembro novos cursos formativos, un para adultos e tres para os máis cativos. Deste xeito, a Aula Municipal completa a súa proposta de cursos didácticos para este tramo final do ano. Os contidos do curso para adultos estarán centrados en como facer compras seguras a través de internet e, no caso dos menores, o obxectivo principal é que coñezan o mundo da informática a través da creación de postais de Nadal en diferentes programas dixitais. Pódese facer a inscrición en calquera dos cursos chamando a través do número de teléfono 674 59 48 43, escribindo un correo electrónico a informatica.milladoiro@gmail.com coa correspondente solicitude cuberta e asinada ou de xeito presencial na propia aula AMTIC do Milladoiro.

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) organiza novos cursos para estes primeiros meses de 2025. Estas novas formacións, dirixidas para adultos, inclúen a creación dun blog persoal, creación dunha web persoal e traballo na nube. Así mesmo, aínda quedan prazas dispoñibles para os cursos de mecanografía dirixidos aos menores a partir de 10 anos que se impartirán entre abril e maio. As persoas interesadas en participar poden facer a inscrición a través do número de teléfono 674 59 48 43, enviando un correo electrónico ao enderezo informatica.milladoiro@gmail.com coa ficha de inscrición cuberta ou de xeito presencial nas propias instalacións da aula AMTIC do Milladoiro. Pódese descargar a ficha de inscrición na seguinte ligazón.

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC), que está situada na Casa da Cultura do Milladoiro, organiza para os meses de outubro e novembro dous obradoiros de mecanografía: un dirixido a persoas de máis de 13 anos e outro para rapaces e rapaza de 8 a 12 anos. Ofértanse 24 prazas (12 para cada quenda). As persoas interesadas en inscribirse nalgún dos programas poden facelo de maneira presencial na propia AMTIC ou enviando cuberta e asinada a solicitude que se pode atopar premendo nesta ligazón ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

Eventos del departamento

Tras abrir as súas portas o pasado martes, a Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, a AMTIC, comeza o seu programa de actividades para maio e xuño co coloquio “Neurohacking: a pandemia invisible”, unha proposta sobre ciberseguridade na que coñecer os riscos derivados do uso diario de Internet. Será este xoves 5 de maio na Casa da Cultura do Milladoiro, de 18:00 a 19:00 horas. A charla estará conducida polo experto Nacho Álvarez, formado en Investigación Privada e Criminoloxía e con experiencia na Secretaría do Estado de Seguridade ou en Telefónica. A entrada será libre e de balde ata completar aforo.

O venres 9 de xuño terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro un obradoiro de electrónica e programación de robots, organizado pola aula AMTIC. O taller estará composto por dúas prácticas de programación electrónica dunha hora e media de duración cada unha, para dous grupos de idade (de 8 a 10 e de 11 a 14 anos). Ademais, ofrecerase unha charla sobre a materia, e habilitarase un espazo de exposición de robots autónomos e unha impresora 3D. A inscrición pode facerse de maneira presencial nas instalacións da aula AMTIC ou a través do enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal, enviando esta ficha ou de xeito presencial, acudindo ás instalacións da Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (AMTIC)

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) organiza unha xornada de ciberseguridade para este xoves, 17 de novembro, ás 17.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. A entrada é de balde ata completar aforo. Ademais, clausúranse os primeiros cursos do segundo módulos de alfabetización dixital no rural. Entregaráselle os diplomas de asistencia a estes cursos, aos veciños e veciñas de Agrón, Trasmonte, Bugallido e Biduído. Arredor de 30 persoas estiveron participando nestes cursos que comenzaron en outubro e que rematan o 16 de novembro.

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá o mércores 11 de xaneiro, ás 17:30 horas, unha nova charla sobre ciberseguridade e fraudes nas redes. Nesta ocasión, ademais, clausuraranse os cursos do segundo módulo de alfabetización dixital nas parroquias de Tapia, Ameixenda, Augapesada, Covas e Ortoño. Deste xeito, entregaráselle un diploma a arredor de medio cento de veciños que asistiron a estas clases.

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) organiza para o vindeiro mércores, 12 de febreiro, unha conferencia sobre ciberseguridade. A actividade desenvolverase en horario de 18.30 a 19.30 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Impartiranse nocións para coñecer as posibles ameazas e perigos da internet na actualidade, así como ferramentas e consellos para protexernos. A entrada é aberta a todas as persoas que queiran acudir.

O obradoiro terá lugar na Aula de Informática do Milladoiro, situada na Casa da Cultura do Milladoiro. Está destinado a nenos e nenas de entre 9 a 12 anos.

Require inscrición previa enviando un correo a informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

O mércores 27 de novembro, ás 18:00 horas, terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro unha conferencia sobre o uso responsable das redes sociais organizada pola aula AMTIC. A charla, dunha hora de duración, abordará cuestións como o uso consciente destas plataformas ou algúns dos perigos asociados a elas. No evento poderá participar público adolescente (a partir de 16 anos) e adulto que faga uso de diferentes redes sociais, así como familias que queiran saber máis sobre como usar de xeito responsable as diversas plataformas.