Actualidade
[16-11-2018] A Aula CeMIT amplía a súa oferta formativa de novembro engadindo unha nova videoconferencia sobre a busca de emprego a través de Internet e o manexo de LinkedIn. Este obradoiro realizarase o vindeiro mércores, 21 de novembro, en horario de 16.00 a 18.00 horas. Os interesados en asistir poderán inscribirse a través da ligazón https://cemit.xunta.gal/actividade/27033
[16-11-2018] O material da campaña “Ames en Negro” xa está dispoñible para a súa recollida na Casa do Concello, nos centros de Servizos Sociais de Bertamiráns e Milladoiro, e na tenda Cousalinda do Centro Comercial Novo Milladoiro.
[16-11-2018] A Coral Polifónica Antonio Santomil de Bugallido organiza este sábado, coa colaboración do Concello de Ames e da Deputación da Coruña, un concerto na honra de Santa Icía, patroa dos músicos. O acto, que se levará a cabo na Casa da Cultura do Milladoiro ás 19.00h, contará coa actuación da Coral Arumes do Castro de Cerdido, das Pandereteiras da Costaneira e da propia Coral Polifónica Antonio Santomil de Bugallido.
[16-11-2018] A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado, das obras de pavimentación dos viarios da urbanización das Mimosas, en Biduído. O importe do contrato é dun total de 85.309,19 euros, IVE incluído. Estas actuacións están incluídas no Plan Complementario do POS+ 2018.
[16-11-2018] O servizo de conciliación Nadal Lúdico desenvolverase tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e 2, 3, 4 e 7 de xaneiro, en horario de 7:30h a 16:00 horas. O prazo de inscrición permanece hoxe, venres 16 de novembro. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de solicitude e as bases dos lúdicos.
[16-11-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio do resultado dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as de frauta para a Escola Municipal de Música do Concello de Ames. Establécese un prazo para a presentación de alegacións que vai ata o 19 de novembro (o 19 incluído) de 2018 . Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os devanditos anuncios.
[16-11-2018] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co resultado da baremación e fixación de datas do exame de oposición do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as de saxofón para a Escola Municipal de Música do Concello de Ames (EMMA). Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dito anuncio.
[16-11-2018] A Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade organiza o vindeiro xoves, 22 de novembro, a oitava edición das Xornadas Acércate de Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero. A iniciativa, que terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro ao longo de todo o día, estará formada por dúas conferencias, dúas mesas de debate e seis obradoiros. Para participar nestas actividades, é necesario inscribirse a través da web www.acercateaigualdade.com/inscricion/.
[15-11-2018] O Concello de Ames informa sobre a convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo no exercicio 2018 polos clubs e asociacións deportivas de Ames. A contía destinada a esta convocatoria ascende nesta anualidade aos 75.000 euros, sendo o importe individual das achegas concedidas non superior aos 9.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes é de 30 días naturais desde a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP), que tivo lugar o martes, 13 de novembro. O prazo de solicitude estará aberto ata o 14 de decembro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases desta convocatoria.
[15-11-2018] Un total de 331 alumnos e alumnas dos centros de ensino de Ames puideron gozar esta mañá das primeiras sesións escolares na Casa da Cultura do Milladoiro, coas que arrincou a segunda edición do Cinema Crianza. As proxeccións continuarán mañá venres para outros 298 nenos e nenas antes de que, durante toda a fin de semana, se desenvolva o festival aberto a todo o público, no que se proxectarán un total de 73 pezas audiovisuais.
- ‹ anterior
- 16 de 793
- seguinte ›




