Xoves, 15 de novembro de 2018
[15-11-2018] O Concello de Ames informa sobre a convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo no exercicio 2018 polos clubs e asociacións deportivas de Ames. A contía destinada a esta convocatoria ascende nesta anualidade aos 75.000 euros, sendo o importe individual das achegas concedidas non superior aos 9.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes é de 30 días naturais desde a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP), que tivo lugar o martes, 13 de novembro. O prazo de solicitude estará aberto ata o 14 de decembro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases desta convocatoria.




