Pestanas principais

Hoxe remata o prazo para inscribirse no programa de conciliación familiar Nadal Lúdico

Venres, 16 de novembro de 2018

[16-11-2018] O servizo de conciliación Nadal Lúdico desenvolverase tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e 2, 3, 4 e 7 de xaneiro, en horario de 7:30h a 16:00 horas. O prazo de inscrición permanece hoxe, venres 16 de novembro. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de solicitude e as bases dos lúdicos.

A entrega da documentación debe facerse no departamento de Educación (rexistro auxiliar do Pazo da Peregrina), no Rexistro Xeral da Casa do Concello, en Bertamiráns, ou na Oficina Municipal do Milladoiro, de luns a venres, entre as 9:00h e as 14:00 horas. A documentación tamén pode ser entregada de xeito telemático a través do enderezo https://sede.concellodeames.gal/gl.

Unha vez finalizado o prazo de inscrición publicarase a listaxe de nenas e nenos admitidos, na que tamén se indicarán os lugares das actividades por grupos. A listaxe poderase consultar nos taboleiros do Concello e da Oficina Municipal do Milladoiro, así como na sección de Aviso da páxina web do Concello de Ames. Para obter máis información, pódese chamar ao número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.gal.