Actualidade
[15-11-2018] Despois da gran acollida que tivo a súa estrea o pasado xuño, O velorio de Xan de Outeiro regresa da man do grupo municipal de Teatro de Ames. A representación terá lugar o domingo, 18 de novembro, ás 18.00h na Casa da Cultura de Bertamiráns. A peza, que está dirixida por María Ordóñez, é unha comedia negra arredor da morte dun narcotraficante na Galicia profunda. A entrada será de balde ata completar aforo.
[15-11-2018] O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística e do departamento de Promoción Económica, crea o Premio Lingua e Empresa co obxectivo de recoñecer de forma pública o uso e fomento do galego na actividade empresarial. Optarán a este galardón todas as empresas, con sede social ou centro de actividade no concello de Ames, que sexan propostas ata o 30 de novembro por calquera persoa ou entidade, ou pola propia empresa que queira participar. Para propoñer a unha empresa para este premio haberá que entregar, ben de forma presencial ou telemática, a ficha de inscrición dispoñible baixo o apartado de descargas.
[15-11-2018] O Concello de Ames informa sobre a convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo no exercicio 2018 polos clubs e asociacións deportivas de Ames. A contía destinada a esta convocatoria ascende nesta anualidade aos 75.000 euros, sendo o importe individual das achegas concedidas non superior aos 9.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes é de 30 días naturais desde a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP), que tivo lugar o martes, 13 de novembro. O prazo de solicitude estará aberto ata o 14 de decembro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases desta convocatoria.
[14-11-2018] O Concello de Ames informa sobre a convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo no exercicio 2018 polos clubs e asociacións deportivas de Ames. A contía destinada a esta convocatoria ascende nesta anualidade aos 75.000 euros, sendo o importe individual das achegas concedidas non superior aos 9.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes é de 30 días naturais desde a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP), que tivo lugar o martes, 13 de novembro. O prazo de solicitude estará aberto ata o 14 de decembro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases desta convocatoria.
[14-11-2018] Este xoves, 15 de novembro, celebrarase unha nova andaina saudable con saída e chegada ao centro de saúde do Milladoiro ás 17.00 horas. Esta actividade, ao igual que o resto de andainas encadradas dentro do programa, trátase dunha ruta de dificultade media–baixa, que terá unha duración aproximada dunha hora ou hora e media.
[14-11-2018] A concelleira de Economía e Facenda e alcaldesa en funcións, Genma Otero, a concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, e o concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, realizaron esta maña unha visita para presentar a vivenda de tránsito de Firmistáns xa lista para a súa posta en funcionamento. Trala rehabilitación, financiada ao abeiro da convocatoria 2017-18 da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020, o edificio convertese nun fogar de tránsito e soporte socio-educativo, que acollerá de xeito temporal a persoas en situación de risco social.
[14-11-2018] Ao abeiro do programa VéV, a Aula da Natureza programa unha saída ao encoro de Abegondo-Cecebre para o domingo, 18 de novembro. Durante esta saída ornitolóxica, os participantes poderán coñecer a zona ao tempo que ven algunhas das 200 especies de aves que viven alí, como o gabián ou a garza real, entre outras. Para participar é necesario enviar cuberta a ficha de inscrición dispoñible baixo o apartado de descargas ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.
[13-11-2018] A Aula da Natureza acollerá o vindeiro sábado, 17 de novembro, un obradoiro de elaboración de esencias e perfumes. A actividade será dirixida pola enxeñeira técnica agrícola, técnica de xestión medioambiental e consultora internacional para ONU Mulleres, Lidia Rojo. Para participar neste taller, dirixido a maiores de 14 anos, é necesario enviar cuberta a ficha de inscrición dispoñible baixo o apartado de descargas ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal antes das 14.00h do venres.
[13-11-2018] O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acollerá este xoves, 15 de novembro, a presentación das dúas últimas coleccións de vestidos de noiva e festa da firma de moda amesá Juana Rique. O desfile, que conta coa colaboración da concellaría de Promoción Económica do Concello de Ames, desenvolverase ás 20.30 horas e servirá para presentar a colección de vestidos nupciais Carmela. Ademais, Juana Rique desvelará en primicia a súa nova colección de deseños de festa.
[13-11-2018] A Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade informa á veciñanza amesá de que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) estará este mércores e xoves, 14 e 15 de novembro, en Bertamiráns. O vehículo estacionará na avenida da Maía, ao carón da praza da Maía, en horario de 15.30 a 21.00 horas. Lémbrase que se deberá acudir en posesión da tarxeta de doante ou do DNI ou un documento identificativo similar. O Concello de Ames colabora coa campaña solidaria da Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos #súmatedoasangue.
- ‹ anterior
- 17 de 793
- seguinte ›




