Actualidade
[16-10-2017] A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu esta mañá a presentación do XII Festival de Maxia de Ames, que se vai desenvolver do 23 ao 29 de outubro nos centros de ensino e na Casa da Cultura do Milladoiro. Este ano como novidades haberá un espectáculo de maxia infantil para nenos/as de 0 a 3 anos e outro para rapaces e rapazas de 3 a 6 anos. Ademais, ao igual que o ano pasado haberá tres pases da gala máxica internacional aos que poderán acudir preto de 450 persoas. Este festival está organizado polo Concello de Ames e conta coa colaboración da Deputación da Coruña e da Axencia Galega das Industrias Culturais.
[14-10-2017] O vindeiro xoves, 19 de outubro, dará comezo o programa de apoio ao emprendemento Vives Emprende, que procura facilitar o acceso ao mundo laboral ás persoas desempregadas en situación de vulnerabilidade, a través da adquisición e mellora de competencias emprendedoras. Organizado polo Concello de Ames, en colaboración coa delegación de Acción contra a Fame de Galicia, o proxecto desenvolverase ata finais de 2017.
[14-10-2017] O alcalde de Ames, José Miñones, e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mantiveron esta semana unha xuntanza nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela. En dita xuntanza abordaron a posible ampliación da Casa do Concello, a situación do parque comarcal de bombeiros, a proposta para desviar o tráfico pesado da N-550 ao seu paso polo Milladoiro, o financiamento dun novo pavillón ou a colaboración da Xunta para dotar dun vehículo e diverso material á Agrupación de Protección Civil, entre outros temas.
[13-10-2017] O departamento de Persoal fai público o anuncio da convocatoria das bases do proceso selectivo para a selección e contratación dunha/dun responsable para a formación dunha brigada de xestión e repoboación forestal, así como a creación dunha bolsa de traballo de responsable de brigadas de xestión e repoboación forestal do Concello de Ames. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 20 de outubro de 2017.
[13-10-2017] O departamento de Persoal fai pública a convocatoria das bases do proceso selectivo para a selección e contratación de dous peóns para a formación dunha brigada de xestión e repoboación forestal, así como a creación dunha bolsa de traballo de peóns de brigadas de xestión e repoboación forestal do Concello de Ames. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 20 de outubro de 2017.
[13-10-2017] Á xuntanza asistiron o alcalde de Ames, José Miñones, e o concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García. A Xefa do Servizo de Espina y Delfín en Ames, Virginia López, trasladoulles a situación na captación (ETAP) no río Tambre, en Lens, que polo de agora non é alarmante, malia existir un sensible descenso do nivel do río. Na xuntanza, abordáronse medidas a adoptar co obxectivo de combater a escaseza de auga.
[13-10-2017] A Concellaría de Deportes está organizando unha charla sobre o adestramento para corredores e corredoras de carreiras populares. Esta actividade desenvolverase o sábado, 21 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Será impartida por Diego Rojo Garrido, corredor de longa distancia e licenciado en Educación Física. Haberá que inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 619 842 504. Ofértanse un total de 25 prazas.
[13-10-2017] Esta mañá varios membros do goberno municipal acompañaron ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e ao delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, na visita que fixeron á parcela onde se vai a construír o novo centro de saúde do Milladoiro. Nestas obras a Xunta de Galicia investirá 2,7 millóns de euros. Durante a devandita visita presentouse o proxecto, que vén de ser aprobado, e anunciouse a licitación das obras, que hoxe se publica no Diario Oficial de Galicia, a través dunha resolución da Axencia Galega de Infraestruturas. Neste visita tamén participaron varios concelleiros e concelleiras dos grupos municipais do Partido Popular e de Pacto por Ames.
[12-10-2017] Desde o ano 2002, a comercialización ou instalación de elementos con amianto está prohibida en España. Porén, este material aínda se pode atopar en numerosos recubrimentos de fachadas con uralita, así como en canalizacións de auga, chemineas ou caldeiras, entre outros elementos. O Concello de Ames vén de pór en marcha unha campaña de concienciación sobre os perigos deste material altamente contaminante, que se considera canceríxeno.
[12-10-2017] Se hai unha semana, as crianzas da EIM O Bosque facían a súa propia vendima; esta semana tocoulles recoller o millo. As profesoras foron as encargadas de facilitar todo o necesario, facendo posible que o alumnado de 2 a 3 anos vivise a experiencia de apañalo, debullalo e moelo.
- ‹ anterior
- 731 de 1380
- seguinte ›