Pestanas principais

Organízase para o sábado 21 de outubro unha charla sobre adestramento para corredores populares

Venres, 13 de outubro de 2017

[13-10-2017] A Concellaría de Deportes está organizando unha charla sobre o adestramento para corredores e corredoras de carreiras populares. Esta actividade desenvolverase o sábado, 21 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Será impartida por Diego Rojo Garrido, corredor de longa distancia e licenciado en Educación Física. Haberá que inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 619 842 504. Ofértanse un total de 25 prazas.

Este ano a carreira pedestre popular Concello de Ames inclúe unha novidade. Trátase dunha charla sobre o adestramento para corredores e corredoras de carreiras populares. A través desta actividade tratarase de impartir unha serie de nocións teóricas e prácticas aos atletas afeccionados, para que preparen de xeito correcto as carreiras populares nas que van a participar nos vindeiros meses. A charla será impartida por Diego Rojo Garrido, corredor de longa distancia e licenciado en Educación Física.

Esta actividade desenvolverase o sábado, 21 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Haberá que inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal. En dito correo haberá que indicar o nome, apelidos e idade da persoas que desexa participar, así como un número de teléfono de contacto. As inscricións estarán abertas ata o día 19 de outubro ás 14:00 horas. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 619 842 504. Ofértanse un total de 25 prazas. Para a realización da charla terá que haber inscritos polo menos 10 persoas.

Cómpre lembrar que o prazo de inscrición para a carreira pedestre estará aberto ata a media noite do día 18 de outubro. As inscricións pódense facer a través da seguinte ligazón: http://emesports.es/event/xviii-carreira-pedestre-popular-concello-de-ames/. Tamén se poderá realizar de xeito presencial nas tendas deportivas: Deportes Amesport e Deportes Metrópolis. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da carreira. Na carreira popular poden participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Ademais, lémbrase que os dorsais para a XVIII carreira pedestres poderanse retirar na secretaría da organización situada na Casa do Concello o día anterior á carreira (sábado, 21 de outubro) en horario das 17:00 ás 20:00 horas ou no mesmo día da carreira ata media hora antes da proba correspondente. Para non gardar colas recoméndase recoller o dorsal o día anterior no lugar establecido.