Actualidade

Ex., 24-06-2025
Ex., 24-06-2025
Mércores, 08 de novembro de 2017

[08-11-2017] O novo espectáculo infantil do músico e actor Paco Nogueiras será estreado o vindeiro domingo, 12 de novembro, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:30 horas. Radio Bulebule, que é como se chama o novo traballo de Nogueiras, está composto por 12 cancións que atopan a súa inspiración no medio radiofónico. O espectáculo parte dun libro-CD-DVD no que participan, xunto Nogueiras, o ilustrador David Pintor e o artista visual José Miguel Sagüillo. Os convites están agotados na Billeteira electrónica. Porén, como é habitual, un 10% do aforo do auditorio quedará reservado para poder ser retirado, o mesmo día da función, desde unha hora antes do espectáculo.

Mércores, 08 de novembro de 2017

[08-11-2017] O Concello de Ames vén de aprobar en Xunta de Goberno Local os lotes 1, 2 e 3 das Escolas Culturais de Teatro, Artes Plásticas e Baile. Os lotes 1 e 2, que recollen a impartición das actividades incluídas dentro das Escolas Culturais de Artes Plásticas e Baile, foron adxudicadas á empresa Esproade SL, mentres que o lote número 3 relativo a impartición das Escolas Culturais de Teatro adxudicouse á entidade Serviplustotal SL. A duración inicial do contrato será de dous anos, podendo prorrogarse anualmente ata un máximo de catro anos (incluído período inicial e prórrogas).

Mércores, 08 de novembro de 2017

[08-11-2017] O venres, 10 de novembro, a Casa da Cultura do Milladoiro acollerá, ás 21:00 horas, a representación da obra “O medo meu”, do grupo Catre Teatro da asociación cultural Alende, das Pontes de García Rodríguez. A peza, que se encadra dentro da XII Mostra de Teatro Afeccionado de Ames, é unha traxicomedia que xira arredor das persoas e dos seus medos. O vindeiro 17 de novembro, terá lugar a última das representacións da Mostra: O Enmeigado, do grupo municipal de teatro de Ames. A XII Mostra de Teatro Afeccionado está organizada polo Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación e Cultura.

Martes, 07 de novembro de 2017

[07-11-2017] O departamento de Persoal fai pública a plantilla do 1º exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a contratación de dous peóns, para a brigada de xestión e repoboación forestal do Concello de Ames.

Martes, 07 de novembro de 2017

[07-11-2017] O departamento de Persoal fai público o resultado do primeiro exame de oposición do proceso selectivo para a contratación de dous peóns, para a brigada de xestión e repoboación forestal do Concello de Ames. O prazo de reclamacións remata o 9 de novembro.

Martes, 07 de novembro de 2017

[07-11-2017] O departamento de Persoal fai público o resultado do segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo, para a contratación dunha/dun responsable para a brigada de xestión e repoboación forestal do Concello de Ames. O prazo de presentación de reclamacións remata o vindeiro 9 de novembro

Martes, 07 de novembro de 2017

[07-11-2017] O Pazo da Peregrina acolleu o pasado venres, 3 de novembro, unha nova Foliada con Apego. Ao longo da tarde houbo bailes en rolda, xogos de ritmo, palmas, gaitas, pandeiretas e moitas cantigas populares. A actividade, que estivo dirixida a familias con crianzas sen límite de idade e, en xeral, a calquera persoa á que lle gustase a música tradicional, contou cunha elevada participación. A programación do Apego continúa o vindeiro sábado, 11 de novembro, co obradoiro Poesía para tirar o medo, no cal a escritora María Canosa achegará fórmulas para superar os medos das cativas e cativos.

Martes, 07 de novembro de 2017

[07-11-2017] O vindeiro martes, 14 de novembro, a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) impartirá en Ames un obradoiro formativo sobre a factura eléctrica. Será no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 20:00 horas. O obxectivo deste taller é despexar as dúbidas que a veciñanza amesá poida ter nesta materia. Para participar é preciso inscribirse previamente, chamando ao número de teléfono 981 56 64 11 ou enviando un correo electrónico a prensa@consumidores.gal.

Martes, 07 de novembro de 2017

[07-11-2017] O vindeiro xoves, 9 de novembro, terá lugar o seguinte dos obradoiros encadrados dentro do programa Vives Emprende, organizado polo Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e en colaboración coa ONG Acción contra a Fame. Centrado no marketing e nos estudos de mercado, o obradoiro desenvolverase no Centro de Formación e Emprego do Concello, en Aldea Nova, entre as 16:00h e as 20:00 horas. As persoas interesadas pódense inscribir no obradoiro, chamando ao número de teléfono do departamento de Promoción Económica, ao 981 883 002, ao número da propia asociación, ao 689 869 465, ou enviando un correo electrónico ao enderezo mlloves@accioncontraelhambre.org. Tamén é posible inscribirse a través do seguinte formulario https://goo.gl/Efb14L

Luns, 06 de novembro de 2017

[06-11-2017] Un ano máis, bota a andar a Escola de Pais, Espazos para Reflexionar, que ao longo deste mes de novembro estará centrada no crecemento, na autonomía e nos límites das nenas e nenos. O proxecto, que naceu o curso anterior da man da ANPA Milla, en colaboración co IES do Milladoiro, abarca este ano a toda a comunidade educativa da localidade, grazas a implicación no proxecto das ANPAS da escola infantil A Galiña Azul Figueiras, da escola infantil municipal A Madalena, da EEI Millapeques e da ANPA As Brañas do CEP de Ventín. Os Espazos de novembro desenvolveranse os días 8, 15 e 29, en horario de 17:30h a 19:00 horas, no salón de actos do IES Milladoiro.