Pestanas principais

O día 14 de novembro a UCGAL impartirá un obradoiro formativo sobre a factura eléctrica no Pazo da Peregrina de Bertamiráns

Martes, 07 de novembro de 2017

[07-11-2017] O vindeiro martes, 14 de novembro, a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) impartirá en Ames un obradoiro formativo sobre a factura eléctrica. Será no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 20:00 horas. O obxectivo deste taller é despexar as dúbidas que a veciñanza amesá poida ter nesta materia. Para participar é preciso inscribirse previamente, chamando ao número de teléfono 981 56 64 11 ou enviando un correo electrónico a prensa@consumidores.gal.

O obradoiro formativo Descifrando o enigma da factura eléctrica estará centrado na identificación, esclarecemento e coñecemento dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias no sector eléctrico, así como nos datos esenciais da factura eléctrica. Nel, tamén se proporcionará información que permita obter un aforro na factura da luz e coñecer as novas condicións para beneficiarse do bono social.

O obxectivo desta actividade é ofrecer á veciñanza amesá información que a axude a despexar as dúbidas que poida ter nesta materia, a través do entendimento dos mecanismos de funcionamento do sector eléctrico. O obradoiro fai parte dun proxecto máis amplo patrocinado polo Instituto Galego de Consumo (IGC), que levará ás técnicas e técnicos do UCGAL a varias localidades de Galicia.

O taller formativo celebrarase o vindeiro martes, 14 de novembro, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 20:00 horas. Para participar é preciso inscribirse, chamando ao número de teléfono 981 56 64 11 ou enviando un correo electrónico ao enderezo prensa@consumidores.gal.



Contido relacionado


Lindeiros: "Talleres formativos sobre a factura eléctrica en Ames e Santiago"