Actualidade

Ex., 26-06-2025
Ex., 26-06-2025
Venres, 17 de novembro de 2017

[17-11-2017] O sábado, 18 de novembro, a Casa da Cultura do Milladoiro acollerá un concerto de corais. Ese día, subiranse ao escenario, a partir das 19:00 horas, a Coral Antonio Santomil de Bugallido, a Coral Polifónica Virxe da Barca de Muxía e os grupos Ao Son da Sacha e Airiños do Paseo de Colón. Organizado pola Asociación Cultural Antonio Santomil co obxectivo de celebrar á patroa da música, Santa Icía, o concerto conta coa colaboración do Concello de Ames e da Deputación da Coruña. A entrada é libre e gratuíta.

Venres, 17 de novembro de 2017

[17-11-2017] Dirixida, fundamentalmente, a familias con crianzas entre os 0 e os 12 anos, a I Xornada de Atención Temperá de Ames terá lugar o vindeiro 18 de novembro, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, a partir das 17:00 horas. Nela intervirán a directora do espazo de intervención temperá Casiopea en Ames, Marina Tubío, o especialista en bioloxía molecular e membro da Fundación Foltra, Pablo Devesa, o Doutor en Optometría, Gonzalo García, e a reflexóloga e osteópata, Maricarmen Matalobos. A entrada é libre e gratuíta.

Venres, 17 de novembro de 2017

[17-11-2017] O Concello de Ames instalou varios equipamentos térmicos de biomasa, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética, nos locais sociais de Cruxeiras e da Ameixenda. Esta actuación tivo un custo de 7.370,11 euros. Para desenvolver esta actuación o Concello de Ames acudiu á liña de subvencións convocadas polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega), que resolveu a concesión de axudas, para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa para o ano 2017. A axuda concedida de 3.875,87 euros está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.

Venres, 17 de novembro de 2017

[17-11-2017] O Concello de Ames informa de que xa está exposta a lista provisional de solicitudes admitidas no programa Nadal Lúdico. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar esta lista. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se un rapaz ou rapaza está admitido/a a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuario/a. Esta lista tamén se pode consultar nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, nas portas de entrada da Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro. As persoas que desexen presentar algunha emenda teñen de prazo ata o 30 de novembro de 2017. O servizo desenvolverase, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro, en horario de 7:30h a 16:00 horas. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as devanditas listas.

Venres, 17 de novembro de 2017

[17-11-2017] O Concello de Ames informa sobre a modificación do plan parcial do S-05 (As Cortes-A Condomiña) que permitirá ampliar o CEIP Agro do Muíño para dispor de 6 novas aulas, para grupos de educación primaria, coas que este colexio pasará a ter unha liña más. Estas aulas executaranse nunha parcela que existe ao carón do actual centro. Dita modificación foi presentada este venres, 17 de novembro ante a comunidade educativa do CEIP Agro do Muíño. Unha vez saía publicada no DOGA terá que estar en exposición pública durante un prazo de dous meses. Se supera esa fase sen que haxa alegacións, terá que ser sometida á aprobación do Pleno. Por último, o Concello de Ames terá que asinar un convenio coa Consellería de Educación. A partir de aí será a Xunta de Galicia a que teña que redactar o proxecto e licitar as obras de ampliación. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o documento que recolle a modificación do plan parcial do S-05.

Xoves, 16 de novembro de 2017

[16-11-2017] Este sábado, 18 de novembro, o colectivo Patrimonio Galego organiza unha ruta polas terras da Maía. Trátase dun percorrido sinxelo e circular, de 4,5 quilómetros, que pasará por petróglifos, castros, antigas fábricas de papel e varias pontes. A saída está marcada para as 10:30 horas, na Parrillada Milongas, en Aldea Nova. Despois da realización da ruta, haberá un xantar de confraternidade neste local, para o que haberá que inscribirse no enderezo de correo electrónico patrimoniogalicia@gmail.com. O concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, participará desta andaina que decorrerá por varios puntos de interese do patrimonio amesán.

Xoves, 16 de novembro de 2017

[16-11-2017] Este mércores, 15 de novembro, celebrouse un pleno extraordinario con marcado carácter económico. Nesta sesión plenaria aprobouse o suplemento de crédito 1/2017 de 40.559,96 euros, para a obra de ampliación do abastecemento de auga en Guimaráns e Quistiláns; a modificación do anexo de investimentos 2/2017 para recoller 13 actuacións que se executarán con cargo á partida orzamentaria de Orzamentos Participativos; e unha transferencia de crédito por valor de 251.407,21 euros para realizar varias obras municipais. Os concelleiros e concelleiras luciron as camisetas da campaña “Ames en Negro”, que se desenvolvera no termo municipal amesá os días 23, 24, 25 e 26 de novembro.

Xoves, 16 de novembro de 2017

[16-11-2017] O departamento de Persoal fai pública a resolución de Alcaldía pola que se aproba a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo para o nomeamento como funcionario/a interino/a por programa, dun/dunha técnico/a do Ciclo integral da agua. O prazo para a subsanación de documentación remata o día 23 de novembro de 2017. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a devandita resolución.

Xoves, 16 de novembro de 2017

[16-11-2017] Este xoves, 16 de xaneiro, estanse a desenvolver as VII Xornadas Acércate de Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero. Organizadas pola Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, as xornadas contaron con dúas conferencias, unha mesa redonda e outra de debate ao longo da mañá. A programación da tarde complétase coa realización de seis obradoiros. As VII Xornadas Acércate están a gozar dun grande éxito de participación.

Xoves, 16 de novembro de 2017

[16-11-2017] O Concello de Ames informa de que xa está exposta a lista provisional de solicitudes admitidas no programa Nadal Lúdico. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar esta lista. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se un rapaz ou rapaza está admitido/a a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuario/a. Esta lista tamén se pode consultar nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, nas portas de entrada da Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro. As persoas que desexen presentar algunha emenda teñen de prazo ata o 30 de novembro de 2017. O servizo desenvolverase, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro, en horario de 7:30h a 16:00 horas. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as devanditas listas.