Pestanas principais

Modificación do plan parcial do S-05 para ampliar o CEIP Agro do Muíño

Venres, 17 de novembro de 2017

[17-11-2017] O Concello de Ames informa sobre a modificación do plan parcial do S-05 (As Cortes-A Condomiña) que permitirá ampliar o CEIP Agro do Muíño para dispor de 6 novas aulas, para grupos de educación primaria, coas que este colexio pasará a ter unha liña más. Estas aulas executaranse nunha parcela que existe ao carón do actual centro. Dita modificación foi presentada este venres, 17 de novembro ante a comunidade educativa do CEIP Agro do Muíño. Unha vez saía publicada no DOGA terá que estar en exposición pública durante un prazo de dous meses. Se supera esa fase sen que haxa alegacións, terá que ser sometida á aprobación do Pleno. Por último, o Concello de Ames terá que asinar un convenio coa Consellería de Educación. A partir de aí será a Xunta de Galicia a que teña que redactar o proxecto e licitar as obras de ampliación. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o documento que recolle a modificación do plan parcial do S-05.