Pestanas principais

A Escola Municipal de Música de Ames celebra o Entroido con dous concertos os días 11 e 13 de febreiro

Domingo, 08 de febreiro de 2026

Como xa vén sendo habitual, a Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, organiza neste período de Entroido dúas actuacións. O primeiro concerto será Música entre disfraces, o vindeiro mércores 11 de febreiro, ás 19.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. O segundo, Entroido Musical, celebrarase o venres 13, ás 19.30 horas, no mesmo emprazamento. Para poder acudir, é necesario retirar un convite na Billeteira Electrónica do Concello de Ames

A EMMA organiza, un ano máis, dous recitais con motivo destas vindeiras datas de Entroido. O primeiro dos concertos será Música entre disfraces, que se realizará o vindeiro mércores 26 de febreiro e terá unha duración aproximada dunha hora. A actuación abrirase coa interpretación de Kokoleoco e distintas cancións de cine da man de 18 alumnos e alumnas de Música e Movemento. 

Posteriormente, tres alumnos de piano ofrecerán un arranxo do clásico Hallelujah, de Leonard Cohen, outras pezas de James Bastien, Antonín Dvořák e a canción popular In the river. A continuación, haberá seis actuacións máis, nas que alumnos de guitarra, linguaxe musical, canto, batería e violín deleitarán ao público con temas moi coñecidos como Highway To Hell, de AC/DC, ou Yesterday, dos Beatles. O concerto pecharase co tema Try Everything, de Shakira. En total, participarán arredor de 50 alumnos e alumnas da escola. 

Xa o venres 13, a actuación estará enfocada a agrupacións e combos conformados dentro da EMMA. Deste xeito, arredor de 65 alumnos e alumnas de guitarra, piano, batería, saxo, baixo e linguaxe musical interpretarán durante aproximadamente 75 minutos temas populares, como Rasputin, do grupo Boney M., Todos los besos, de Los Rebujitos, ou Flowers, de Miley Cyrus. 

Para poder acudir a ambos concertos a entrada é gratuíta, mais cómpre retirar un convite na Billeteira Electrónica do Concello de Ames.

Novas relacionadas

Diario de Santiago: "A Escola Municipal de Música de Ames celebra o Entroido con dous concertos os días 11 e 13 de febreiro"

A Escola Municipal de Música de Ames celebra o Entroido con dous concertos os días 11 e 13 de febreiro

Multimedia

  • A Escola Municipal de Música de Ames celebra o Entroido con dous concertos os días 11 e 13 de febreiro