Actualidade

Ex., 27-07-2026
Ex., 27-07-2026
Xoves, 29 de xaneiro de 2026
A unidade móbil de doazón de sangue estará os días 30 e 31 de xaneiro en Bertamiráns

A unidade móbil de doazón de sangue estará este venres 30 e sábado 31 de xaneiro, en Bertamiráns, na avenida da Maía, ao carón da praza da Maía. O venres 30 o horario de atención será de 9.30 a 14.30 e de 15:30 a 21:00 horas, mentres que o sábado 31 atenderase ás persoas doantes en horario de 10.00 a 15.00 horas. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) baixo o lema “Doa sangue, o mellor regalo”, pretende sensibilizar á cidadanía galega da importancia de doar sangue xa que precísanse máis de 400 doazóns diarias nos hospitais galegos.

Martes, 06 de xaneiro de 2026
“Zocos e Trasnos” fai posible que 88 nenos e nenas reciban un agasallo de Nadal

O Concello de Ames puxo en marcha a décima edición da campaña solidaria “Zocos e Trasnos”, impulsada pola Concellería de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado a través da Oficina de Voluntariado, co obxectivo de que ningún neno nin nena do municipio quede sen agasallo durante as festas de Nadal e Reis.   

Martes, 23 de decembro de 2025
A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores 24 de decembro no Milladoiro

A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores, 24 de decembro, no Milladoiro, na Travesía do Porto, ao carón do novo centro de saúde. O horario de atención será de 09:30 a 14:30 e de 15:30 a 20:00 horas. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) baixo o lema “Doa sangue, o mellor regalo”, pretende sensibilizar á cidadanía galega da importancia de doar sangue xa que precísanse máis de 400 doazóns diarias nos hospitais galegos. No 2024 o municipio de Ames obtivo 1.501 doazóns cunha taxa que acadou as 46 doazóns por cada 1000 habitantes e ano.

Domingo, 21 de decembro de 2025
Un total de 48 familias de Ames beneficiaranse das axudas municipais para familias numerosas de 2025

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar este pasado 18 de decembro a concesión de axudas para as familias numerosas do Concello de Ames. Deste xeito, aprobouse a concesión de 57.600 euros entre 48 familias. A axuda consiste nun pagamento único de 1.200 euros por unidade de convivencia. Á subvención puideron optar as familias numerosas que teñen a súa residencia habitual en Ames ou de maneira ininterrompida desde hai polo menos un ano. Con esta iniciativa, o goberno municipal pretende axudar a aquelas familias que máis dificultades económicas teñan para a crianza das súas fillas e fillos.

Sábado, 13 de decembro de 2025
Ames celebra a diversidasde no FestAmes Diversa 2025

O Concello de Ames vén de celebrar na Casa da Cultura do Milladoiro a FestAmes Diversa 2025, unha iniciativa impulsada pola Concellería de Benestar Social co obxectivo de dar visibilidade aos colectivos diversos e promover unha sociedade máis inclusiva.

Xoves, 11 de decembro de 2025
Ames acolle a FestAmes Diversa 2025 co obxectivo de dar visibilidade aos colectivos diversos

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, celebra este próximo sábado 13 de decembro, ás 17.00 horas, a FestAmes Diversa 2025. Un evento que, coma nas anteriores edicións, busca dar visibilidade e poñer en valor aos colectivos diversos no marco do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, que se celebra todos os anos no día 3 de decembro. O evento, que será presentado pola actriz Carlota Mosquera, celebrarase na Casa da Cultura do Milladoiro, onde haberá actuacións musicais, invitados de interese e máis sorpresas.

Venres, 28 de novembro de 2025
O Milladoiro acolle as XV Xornadas Achégate á Igualdade baixo o lema “Nin mercadoría nin silencio: xornadas contra a trata e a explotación sexual”

A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu hoxe unha das actividades programadas polo Concello en conmemoración do Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, as XV Xornadas Achégate á igualdade, que este ano tiveron como lema Nin mercadoría nin silencio: xornadas contra a trata e a explotación sexual. As xornadas comezaron cunha mesa de apertura institucional na que participaron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Educación, Mocidade e Mobilidade, Beatriz Martínez, e a deputada de Política Social da Deputación da Coruña, Mar García. Ditas xornadas estiveron protagonizadas por Mabel Lozano, Silvia Pérez e Llerena Pedrozo, que impartiron distintos obradoiros e faladoiros.

Venres, 28 de novembro de 2025
O góspel chega a Ames para concienciar á veciñanza sobre a importancia da doazón de órganos

Alcer Galicia, da man do Concello de Ames e o Coro Góspel Vida, organizan un orixinal concerto de góspel este sábado, 29 de novembro, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns co obxectivo de crear conciencia social entre os veciños e veciñas amesás e poñer o foco nas necesidades do colectivo das persoas afectadas por enfermidades crónicas de ril.

Xoves, 27 de novembro de 2025
130 persoas participarán nas XV Xornadas Achégate á Igualdade que se realizarán este venres 28 de novembro no Milladoiro

A Concellería de Benestar Social e Igualdade organiza para este venres, 28 de novembro, a décimo quinta edición das Xornadas Achégate á Igualdade, que se desenvolverán na Casa da Cultura do Milladoiro. A xornada, que é gratuíta, conta con 130 persoas inscritas. Ditas xornadas están protagonizadas por Mabel Lozano, Silvia Pérez e Llerena Pedrozo, que impartirán distintos obradoiros e faladoiros. Esta iniciativa está dirixida a profesionais, público xeral, educadores e educadoras, alumnado, docentes, persoal da área da psicoloxía, da orientación, profesionais da administración pública, pais e nais. Premendo neste enlace podes descargar o programa completo das xornadas.

Mércores, 26 de novembro de 2025
Ames acollerá as VII Xornadas de Persoas con Enfermidade Renal de Galicia e o concerto de góspel a prol da doazón de órganos

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado, Uxía García, e o coordinador de Alcer Coruña, Alfredo Saborido, presentaron esta mañá na Casa do Concello as VII Xornadas de Persoas con Enfermidade Renal de Galicia organizadas pola Federación Alcer Galicia, que se celebrarán ao longo da mañá do próximo domingo día 30 de novembro no auditorio da Casa da Cultura  de Bertamiráns. Tamén foi presentado o concerto de góspel, programado para o sábado 29, a prol da doazón de órganos.