Actualidade

Ex., 08-06-2024
Ex., 08-06-2024
Luns, 08 de xaneiro de 2024
Xa están á venda na Billeteira electrónica as entradas para a programación de artes escénicas “Ames Cultural 2024”

Desde hoxe, 8 de xaneiro, xa están á venda as entradas para os doce espectáculos de teatro e danza que conforman a programación municipal de artes escénicas para o primeiro semestre de 2024. Sobre o prezo das entradas poderán aplicarse descontos a diversos colectivos. A programación completa pode consultarse nesta ligazón.

Xoves, 04 de xaneiro de 2024
Últimos días para adquirir os bonos culturais da programación de artes escénicas do primeiro semestre de 2024

O vindeiro domingo, 7 de xaneiro, remata o prazo para mercar os bonos culturais da programación de cultura de Ames para a primeira metade de ano. Os 40 bonos que a Concellería de Cultura puxo a disposición da veciñanza, cun prezo de 25 euros, permiten acceder aos dez espectáculos programadas para o público adulto cun desconto do 50% sobre o importe total das entradas. O trámite realizase en poucos minutos a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames. Pola súa banda, as entradas individuais estarán dispoñibles a partir do luns 8 de xaneiro. Desde a Concellaría de Cultura anímase á veciñanza a que regale cultura este Nadal a través de ditos bonos.

Mércores, 03 de xaneiro de 2024
A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este domingo, 7 xaneiro, o Concerto de Reis

O Concello de Ames, a través da Concellería de Cultura, organiza este domingo 7 de xaneiro un concerto de Reis, no que participarán diversas agrupacións corais de Ames. Este recital, que se enmarca na programación municipal de Nadal, terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro ás 19:00 horas. Os convites xa se poden descargar na Billeteira electrónica do Concello. A entrada será de balde, ata completar aforo.

Venres, 22 de decembro de 2023
Xa están dispoñibles na Billeteira electrónica os bonos culturais da programación de artes escénicas do primeiro semestre de 2024

Desde este xoves, 21 de decembro, xa están á venda os bonos culturais da programación municipal de artes escénicas para o primeiro semestre de 2024. Cun custo de 25 euros, este bonos supoñen un desconto do 50% do importe total das entradas das dez funcións programadas para adultos. A Concellería de Cultura pon a disposición da veciñanza 40 bonos, que poderán adquirirse ata o 7 de xaneiro de 2024, ou ata fin de existencias, na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Dende a Concellaría de Cultura anímase á veciñanza a que regale cultura a través de ditos bonos.

Xoves, 21 de decembro de 2023
Preséntase a programación de artes escénicas “Ames Cultural 2024” que inclúe 12 espectáculos de teatro e danza

A Concellaría de Cultura do Concello de Ames presentou esta mañá, na Casa da Cultura do Milladoiro, a programación  cultural de artes escénicas do primeiro semestre de 2024, que inclúe doce espectáculos de teatro e danza. As distintas pezas representaranse equitativamente nos auditorios das Casa da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. As entradas poderán adquirirse a partir do vindeiro 8 de xaneiro. Ademais, haberá descontos para diversos colectivos, así como bonos culturais que xa están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello desde hoxe, 21 de decembro, e ata o 7 de xaneiro. A programación completa pode consultarse nesta ligazón.

Mércores, 13 de decembro de 2023
Concerto de Nadal

O Concello de Ames, a través da Concellería de Cultura, organiza para este domingo, 17 de decembro, un concerto de Nadal no que participarán distintas agrupacións amesás de música e baile tradicional. O recital, que se enmarca na programación municipal de Nadal, terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns ás 19:00 horas. Os convites xa se poden descargar na Billeteira electrónica. A entrada será de balde, ata completar aforo.

Mércores, 06 de decembro de 2023
Cartaz da obra de teatro “A luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller”

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o xoves, 14 de decembro, ás 20.30 horas, a estrea da obra de teatro “A luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller”. O espectáculo esta dirixido por Noelia Papín e producido por Serea Teatro, que forma parte da produtora Serea Producións. Os convites xa se poden adquirir na Billeteira electrónica. Serea Teatro é unha das compañías que realizou unha residencia no auditorio sa Casa da Cultura do Milladoiro para ensaios da obra e como actividade de mediación vai representar a obra no noso concello. Esta obra de teatro é o segundo espectáculo dunha triloxía que trata sobre o maltrato que sofren as mulleres que son vítimas da violencia machista e vicaria.

Luns, 27 de novembro de 2023
Continúan os Encontros Literarios coa presentación de “Patria de Maeloc” de Luciano do Monfadal

A edición deste ano do programa de Encontros Literarios continúa este mércores, 29 de novembro, coa presentación do libro “Patria de Maeloc” do escritor da Mariña Luciano de Monfadal (Luciano Ares  Díaz). O acto, presentado polo alcalde de Ames, Blas García, será ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Esta é a primeira obra de Luciano do Monfadal. A entrada será libre ata completar aforo.

Mércores, 22 de novembro de 2023
A Casa da Cultura do Milladoiro acolle a partir do 27 de novembro a exposición fotográfica “Proxectos de axuda á infancia” da Fundación Tierra de Hombres

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle entre o 27 de novembro e o 18 de decembro a exposición fotográfica “Proxectos de axuda á infancia” da Fundación Tierra de Hombres. A inauguración da mostra será o luns 27 de novembro, ás 20.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Ademais da inauguración farase unha charla de presentación de dita mostra. Esta exposición conta coa colaboración do Concello de Ames.

Martes, 21 de novembro de 2023
O Concello de Ames conmemora Santa Icía e mailo 25N coa programación “Novembro Cultural”

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, Centro de información á Muller e Servizo de Normalización Lingüística, organizou o programa “Novembro Cultural”, que recolle actividades musicais e espectáculos de danza e teatro relacionados coa celebración de Santa Icía e coa conmemoración do Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. A maior parte das actividades de dita programación realízanse esta semana con motivo da celebración de Santa Icía o 22 de novembro e maila conmemoración do 25N.