Pestanas principais

Máis de 750 persoas gozaron da terceira edición do ciclo de monólogos de Ames

Sábado, 30 de maio de 2026

As Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acolleron, desde o xoves 21 ata o pasado domingo 24 de maio os espectáculos da segunda edición do ciclo de monólogos de Ames. O programa incluíu figuras consolidadas do panorama humorístico galego xunto con artistas emerxentes, como Josito Porto, Leti da Taberna ou Carla Mañas. En total, asistiron ás catro xornadas 775 persoas, o que pon de manifesto, un ano máis, o interese da veciñanza polas actividades culturais desta índole.

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, organizou unha nova edición do ciclo de monólogos, unha iniciativa que se estreou en maio do 2024 e que contou con moi boa acollida entre o público amesá dende a súa primeira edición. Ao longo das catro xornadas do ciclo de monólogos deste ano, asistiron en total 775 persoas.

Do mesmo xeito que en anos anteriores, contouse coas actuacións de figuras recoñecidas como Josito Porto, Leti da Taberna, Marita Martínez ou Celso Fernández Sanmartín que, ademais, estiveron acompañados de artistas emerxentes como Luis Rey, Carla Mañas, Irene Medín e Fernando Palitos. Deste xeito, procurouse formar un cartel no que se combinaran a experiencia e novos talentos.

O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, destaca que “o incremento de público nesta terceira edición do ciclo dos monólogos é unha clara mostra de que esta actividade cultural funciona moi ben e se está consolidando. A nosa intención é darlle continuidade porque así o reclama a veciñanza, e que forme parte da nosa programación cultural durante moitos anos”. Ademais indicou que “nesta edición cumpríronse os tres obxectivos desta actividade, que son darlle visibilidade a monologuistas emerxentes, contar con xente de Ames e incluír mulleres no cartel”. 

Un público entregado
Estas catro sesións, que contaron cun total de 775 asistentes, estiveron marcadas polas diferentes historias contadas, sempre con moita retranca e humor. O primeiro dos pases protagonizárono o xa veterano Josito Porto xunto co humorista emerxente Luis Rey na Casa da Cultura de Bertamiráns. Xa o venres foi a quenda de Marita Martínez e Carla Mañas, esta vez no Milladoiro. 

A fin de semana comezou co espectáculo da humorista viral en TikTok, Leti da Taberna, que estivo acompañada da coruñesa Irene Medín e que tivo moi boa acollida polo público de Bertamiráns. Finalizaron o ciclo de monólogos de 2026 o consolidado dúo cómico conformado por Celso Fernández San Martín e Fernando Palitos.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Ames se rinde al humor: 775 personas abarrotan el ciclo de monólogos"

Máis de 750 persoas gozaron da terceira edición do ciclo de monólogos de Ames

Multimedia

  • Máis de 750 persoas gozaron da terceira edición do ciclo de monólogos de Ames