O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de axudante de servizos varios-auxiliar notificador/a do Concello de Ames. Accedendo a esta convocatoria poderás consultar a proposta de nomeamento do axudante de servizos varios-auxiliar notificador e malia bolsa de traballo temporal.
Procesos selectivos finalizados
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai públicas as bases para a selección e contratación do persoal necesario para a “Brigada para a prevención de lumes forestais no concello de Ames”, que está subvencionada a través do programa APROL RURAL. Dita brigada estará composta por un capataz forestal e un peón forestal. Os/as candidatos/as seleccionados/as para esta brigada serán seleccionados/as directamente polo INEM.
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai públicas dúas actas: unha sobre a resolución das alegacións presentadas á fase de concurso; e outra sobre a corrección dos exercicios da fase de oposición e mailo resultado final do proceso selectivo. Ambas actas pertencente ao proceso selectivo para a selección e nomeamento como funcionarios interinos por programa de dous técnicos/as medios de inserción laboral.
O departamento de persoal informa sobre a resolución da Alcaldía pola que se anula a bolsa de traballo de administrativos/as, creada polo decreto 38/2019, a consecuencia da estimación dun recurso de alzada e se crea unha nova bolsa de traballo de administrativos/as.
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co resultado final do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun enxeñeiro técnico forestal e un capataz para a brigada de prevención de lumes forestais do Concello de Ames a través do programa de fomento do emprego do medio rural, APROL RURAL, da Consellería de Economía, Emprego e Industria correspondente ao expediente TR351G2019/000064-1-1.
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio coa resolución pola que se procede, vista a proposta do tribunal de selección, á contratación laboral fixa dun/dunha oficial para a sección de obras e servizos básicos, subgrupo C2.
- ‹ anterior
- 3 de 3




