Os Concellos de Ames e Brión poñen en marcha unha nova edición do obradoiro de emprego Renova. Os obradoiros duais de emprego son programas públicos de formación e emprego nos que as persoas traballadoras desempregadas participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social.
Este obradoiro está financiado a través dunha subvención de 454.552,00 euros, concedida aos Concellos de Ames e Brión por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego. O obradoiro dual emprego Renova Verde terá unha duración de 9 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as (15 do concello de Ames e 5 do concello de Brión). Ademais, concedéronse 36.000 euros para 8 incentivos á contratación laboral.




