Procesos selectivos rematados

20/07/2022

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a resolución do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de arquitectos técnicos do Concello de Ames.

08/07/2022

O departamento de Persoal do Concello de Ames publica as bases do proceso selectivo para a selección de tres persoas (peón/peoa forestal, capataz e auxiliar administrativo/a) para a brigada de prevención de lumes forestais no concello de Ames (APROL RURAL 2022).

29/06/2022

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a resolución do proceso selectivo de PSX de escolas infantís municipais, coa formación dunha bolsa de traballo temporal coas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde descendente de puntuacións.

25/01/2022

O Departamento de Persoal fai público o proceso selectivo para a cobertura por promoción interna dunha praza de oficial xardineiro do Concello de Ames mediante o procedemento de concurso oposición.

14/12/2021

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a convocatoria do proceso selectivo para a selección e nomeamento como funcionario/a interino/a por programa dun/dunha técnico/a de contratación pertencente a escala de administración xeral, subescala técnica, clase superior, subgrupo A2.

22/11/2021

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o resultado do segundo exercicio e proposta final do tribunal do proceso selectivo para a selección e nomeamento como funcionario/a interino/a ata cobertura de vacante, dun/dunha técnico/a de educación, pertencente a escala de administración xeral, subescala técnica, clase superior, subgrupo A1(Boletín Oficial da Provincia número 92 de 16 de maio de 2019).

21/09/2021

O Concello de Ames vén de poñer en marcha a terceira edición do obradoiro de emprego dual Renova Ames-Brión III. Este obradoiro terá unha duración de 9 meses e contará con 20 alumnos/as traballadores/as (15 de Ames e 5 de Brión) e 5 persoas que formarán o equipo que dirixirá dito obradoiro (1 director/a, 2 mestres/as de instalación solar fotovoltaica, 1 titor/a orientador/a e 1 auxiliar administrativo). Descarga as bases para a selección do alumnado traballador e persoal do obradoiro de emprego Renova Ames Brión III.

O alumnado dedicarase á instalación e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas en edificios municipais de Ames e Brión. O obradoiro Renova Ames-Brión III ten como obxecto a cualificación e inserción profesional de persoas desempregadas mediante a formación e a práctica profesional no certificado de profesionalidade Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas, ENAE 0108 de nivel 2.

16/06/2021

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre o anuncio do nomeamento do Técnico de contratación e a bolsa de agarda do proceso de técnico de contratación para a selección e nomeamento dun/unha funcionario/a interino/a por programa dun/dunha técnico/a de contratación pertencente a escala de administración xeral, subescala técnica, clase superior, subgrupo A2 de Administración Xeral vinculado ao programa EDUSI Impulsa Ames do Concello de Ames. Consulta o resultado do examen de técnico de contratación e maila data do segundo exercicio.

04/06/2021

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a publicación do resultado final do proceso selectivo para a selección e nomeamento dun/dunha responsable da Aula da Natureza do Concello de Ames.

22/04/2021

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de axudante de servizos varios-auxiliar notificador/a do Concello de Ames. Accedendo a esta convocatoria poderás consultar a proposta de nomeamento do axudante de servizos varios-auxiliar notificador e malia bolsa de traballo temporal.