Procesos selectivos finalizados

04/10/2019

O departamento de persoal informa sobre a resolución da Alcaldía pola que se anula a bolsa de traballo de administrativos/as, creada polo decreto 38/2019, a consecuencia da estimación dun recurso de alzada e se crea unha nova bolsa de traballo de administrativos/as.

13/05/2019

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co resultado final do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun enxeñeiro técnico forestal e un capataz para a brigada de prevención de lumes forestais do Concello de Ames a través do programa de fomento do emprego do medio rural, APROL RURAL, da Consellería de Economía, Emprego e Industria correspondente ao expediente TR351G2019/000064-1-1.

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio coa resolución pola que se procede, vista a proposta do tribunal de selección, á contratación laboral fixa dun/dunha oficial para a sección de obras e servizos básicos, subgrupo C2.