Solapas principales

Departamento de Secretaría y Administración General

    • Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono: 981 88 30 02
    • Horario de atención al público: de 9:00 a 14:00h.
    • Responsable municipal: Concejalía de Administración General
    • Responsable técnico: María Ofir Aboy García, técnica de secretaría.
    • Estructura del servicio: Secretaría, Técnica de Secretaría, 3 Auxiliares Administrativos.
Otros Datos: 
  • Funciones:
    • Asesoría jurídica del Ayuntamiento.
    • Informar y asesorar sobre los asuntos plenarios. Conformación de los plenos y comisiones, juntas de gobierno.
    • Levantar acta de las sesiones de los órganos colegiados.
    • Certificación de los actos o resoluciones de la Presidencia y los acuerdos de los órganos colegiados decisorios, así como de los antecedentes, libros y documentos del Ayuntamiento.
    • Remitir a la Administración del Estado y a la Comunidad Autónoma, en los plazos y formas determinados reglamentariamente, copia o, en su caso, extracto de los actos y acuerdos de los órganos decisorios de la Corporación, tanto colegiados como unipersonales.
    • Llevar y custodiar el Registro de Intereses de los miembros de la Corporación y el Inventario de Bienes.
    • Acompañar al Alcalde-Presidente o miembros de la Corporación en los actos de firma de contratos o escrituras.
    • Gestión del área de contratación. Realización del Plan de contratación semestral.
    • Gestión de los RRHH del Ayuntamiento de Ames.
  • Bolsas de trabajo
  • Procesos selectivos
  • Personal Municipal
  • Noticias relacionadas
  • Agenda.

Noticias del departamento

O Concello de Ames abre o prazo para solicitar permiso para a realización de cacharelas na noite de San Xoán, o vindeiro 23 de xuño. No caso dos espazos públicos, o prazo comprende do 5 ao 17 de xuño, ás 13:30 horas; mentres que para os espazos privados será do 5 ata o 20 de xuño, tamén ás 13:30 horas. As normas faranse extensivas á celebración de cacharelas/sardiñadas durante todo o mes de xuño. As solicitudes deberán presentarse preferentemente por rexistro telemático, a través da Sede electrónica do Concello de Ames. Tamén poderá facerse de maneira presencial nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello. Podes descargar o impreso de solicitude na seguinte ligazón

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu este xoves, 7 de abril, o quinto pleno de estado do Concello de Ames. Esta sesión plenaria serviu para facer balance sobre a xestión do goberno local durante o último ano. Os aspectos máis destacados foron que o Goberno municipal avanzou que o goberno do Estado está redactando o proxecto de humanización do Milladoiro e que se está traballando nun Plan de loita contra a fraude e nun inventario turístico, que recolla o patrimonio material e inmaterial do municipio. Dende a oposición reclamaron a baixada dos impostos e comezar de xeito en inmediato coa tramitación da modificación do PXOM. O pleno retransmitiuse por streaming a través da canle de Youtube do Concello de Ames. Durante o transcurso do pleno producíronse 79 conexións de distintos usuarios/as.

O alcalde de Ames, José Miñones, vén de asinar o decreto coas delegacións de cada unha das concellarías do novo goberno municipal. As competencias repártense en doce concellarías e mailas atribucións que lle corresponden ao alcalde. Ademais, realizouse o nomeamento dos/as tenentes de alcalde e dos/as concelleiros/as que formarán a Xunta de Goberno Local. Agora, queda por realizar o pleno de organización no que se decidirán as dedicacións de cada grupo municipal, así como a periodicidade coa que se celebrarán os plenos e as xuntas de goberno local, entre outros asuntos.

O rexedor municipal quere dirixirse a toda a veciñanza de Ames, despois dos duros e complicados momentos vividos nos últimos meses. Deste xeito, envía unha mensaxe de apoio á veciñanza amesá para encarar con forza esta nova etapa tralo estado de alarma pola Covid-19. Ademais, aproveita para dar a coñecer que o Concello de Ames traballou para poder ofrecer unha resposta seria e rápida ante a situación sen precedentes que houbo que asumir en tódalas áreas municipais. Tamén pide seguir extremando as precaucións para evitar rebrotes indesexados. Preme nesta ligazón para consultar o comunicado íntegro.

Este mércores, 17 de abril, ás 20:30 horas, celebrarase o pleno extraordinario sobre o estado do Concello de Ames. Será a sexta sesión plenaria aberta despois das feitas en 2017, 2019 e 2022, no Milladoiro, e das celebradas en 2018 e 2021, en Bertamiráns. En 2020 debido ao confinamento pola pandemia da Covid-19 non houbo pleno do estado do Concello. En 2023 tampouco se convocou debido á proximidade das eleccións municipais do mes de maio. Ademais, poderase seguir o pleno vía streaming a través da canle de Youtube do Concello de Ames.

Este xoves, 7 de abril, ás 20:30 horas, celebrarase o pleno extraordinario sobre o estado do Concello de Ames. Será a quinta sesión plenaria aberta despois das feitas en 2017 e 2019, no Milladoiro, e das celebradas en 2018 e 2021, en Bertamiráns. En 2020 debido ao confinamento pola pandemia da Covid-19 non houbo pleno do estado do Concello. Ademais, poderase seguir o pleno vía streaming a través da canle de Youtube do Concello de Ames.

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este mércores, 17 de abril, o sexto pleno de estado do Concello de Ames. Esta sesión plenaria serviu para facer balance sobre a xestión do goberno local e da situación na que se atopa o municipio amesán. Dese xeito, fíxose balance da execución das actuacións incluídas na EDUSI Impulsa Ames e da actividade doutras áreas como educación, emprego, comercio, axenda urbana, mocidade, medio ambiente, cultura, etc. Tamén se abordaron cuestións de gran importancia como a elaboración da Axenda Urbana, a humanización do Milladoiro ou a creación da Entidade Pública Empresarial Augas de Ames. Premendo nesta ligazón podes acceder á gravación do pleno de estado do concello

Premendo nesta ligazón podes participar na enquisa sobre a Sede electrónica municipal.  Moitos dos trámites administrativos débense facer a través deste apartado ao que se pode acceder dende a web municipal do Concello de Ames. Para saber o uso que a veciñanza fai deste servizo, e se está satisfeita con el, unha nova enquisa permite coñecer as opinións da veciñanza amesá. Ademais, déixase aberta a opción de facer algún comentario adicional ou algunha suxestión que axude a mellorar este portal. Habilitouse un banner no pé da páxina web que estará dispoñible de forma permanente para acceder á enquisa.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar, o pasado xoves, 22 de decembro, a concesión de axudas relativas á promoción do comercio local do exercicio 2022. O obxectivo destas subvencións é a de favorecer a promoción e o desenvolvemento de actividades realizadas no seo das asociacións de comerciantes e profesionais do Concello de Ames, que estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro municipal. Deste xeito, concédense tanto axudas para a promoción comercial como para infraestruturas. As asociacións beneficiarias son a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro e a Asociación de pequenos comerciantes Viorneira, Palmira Boulevar, entre as que se repartirán un total de 40.000 euros.

O Concello dá un paso máis no asentamento da Administración electrónica coa posta en marcha dunha nova plataforma que dará cabida ás actuais necesidades do municipio e habilitará novas canles de comunicación para os usuarios e usuarias. Un novo portal de acceso para o cidadán con múltiples procesos de xestión e unha carpeta cidadá onde cada veciño ou veciña poderá facer un seguimento dixital da súa solicitude, reclamación ou expediente, son algunhas das vantaxes que ofrece a nova plataforma. Este proxecto enmárcase dentro do Plan Impulsa Ames, cofinanciado pola Unión Europea, a través do FEDER no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

Eventos del departamento

Este xoves, día 27, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de xullo.

Este sábado, 15 de xuño, celébrase o primeiro pleno do mandato 2019-2023 no que se desenvolverá o acto de investidura. O pleno de constitución da nova Corporación desenvolverase dende as 12:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Os concelleiros e concelleiras prometerán o seu cargo e será elixido o alcalde. Os 21 concelleiros/as terán que facer unha votación nominal na que cada edil terá que votar por algún dos candidatos á Alcaldía.

A Casa do Concello acolle a xuntanza de portavoces a partir das 14.00h este xoves, 11 de xullo.