Agenda

O vindeiro martes, 15 de setembro, o espazo colaborativo A Proa acollerá dúas actividades sobre transformación dixital e Intelixencia Artificial dentro do “Rede Coworking Fest”, unha semana dedicada a promover a innovación, a colaboración e a cultura emprendedora a través dunha ampla variedade de actividades e propostas culturais e formativas nas que participan os diferentes espazos de traballo que integran a Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña e que se desenvolverá entre o 14 e o 20 de setembro.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o mércores, 16 de setembro en Bertamiráns, en horario 15:30 a 21:00 horas. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) baixo o lema “Un alento de vida”, pretende sensibilizar á cidadanía galega da importancia de doar sangue durante o verán xa que precísanse máis de 400 doazóns diarias nos hospitais galegos.

A Concellaría de Mocidade amplía a súa oferta de actividades cunha nova iniciativa. Trátase do novo Club Xuvenil de Ames Distrito 13 17, un espazo pensado para a xente nova de 13 a 17 anos con ganas de pasalo ben, coñecer xente, crear, participar e facer cousas diferentes.

O Concello de Ames acollerá o próximo 20 de setembro de 2026 o XXXIII Campionato do Mundo IAU de 100 quilómetros, a proba máis relevante do atletismo internacional de ultrafondo, que se ven celebrando dese 1987. A designación, anunciada oficialmente pola International Association of Ultrarunners (IAU) e organizada polo Club Ecodeporte co respaldo da Real Federación Española de Atletismo (RFEA), converterá o concello nun escaparate internacional de primeiro nivel, cunha proxección mediática sen precedentes e un impacto económico e turístico significativo para toda a comarca.

O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames, organiza o vindeiro sábado, 19 de setembro, unha nova edición do Gran Premio Concello de Ames de supercross, un evento deportivo a nivel autonómico, non oficial e non federado, pero que é unha das probas que conforman a Galicia League. O evento desenvolverase no circuíto SX Alex de Moure, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda, e participarán os mellores pilotos de supercross de toda Galicia. Estímase unha participación de arredor de 50 pilotos, entre os que destaca Román Perez, campión de supercross en Portugal no 2008 e en España no 2009.

O Concello de Ames reúne nun único cartel toda a programación de actividades que se van celebrar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en Ames. Deste xeito, ata finais de setembro vanse a realizar numerosas actividades como concertos, seráns ou festas.

A Concellaría de Mocidade amplía a súa oferta de actividades cunha nova iniciativa. Trátase do novo Club Xuvenil de Ames Distrito 13 17, un espazo pensado para a xente nova de 13 a 17 anos con ganas de pasalo ben, coñecer xente, crear, participar e facer cousas diferentes.

O Concello de Ames reúne nun único cartel toda a programación de actividades que se van celebrar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en Ames. Deste xeito, ata finais de setembro vanse a realizar numerosas actividades como concertos, seráns ou festas.

Nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro as familias poderán gozar dun feixe de actividades lúdicas e participativas que lles achegarán recursos para unha crianza positiva, natural e creativa. Neste programa inclúense propostas do departamento de Normalización Lingüística e dos departamentos de Cultura e Bibliotecas. O programa comeza mañá mércores, 2 de setembro, na Carballeira dos Trasnos de Ventín, coas “Brincadeiras miúdas”, de Miudiño e Cé Orquestra Pantasma.
- 1 de 3
- siguiente ›