Solapas principales

>Evolución de OneHealth DataSpace: Introdución á Factoría de IA 1HealthAI

Martes, 15 septiembre, 2026
Ás 10.00 horas

O vindeiro martes, 15 de setembro, o espazo colaborativo A Proa acollerá dúas actividades sobre transformación dixital e Intelixencia Artificial dentro do “Rede Coworking Fest”, unha semana dedicada a promover a innovación, a colaboración e a cultura emprendedora a través dunha ampla variedade de actividades e propostas culturais e formativas nas que participan os diferentes espazos de traballo que integran a Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña e que se desenvolverá entre o 14 e o 20 de setembro. 

De 10.00 a 11.00 horas, desenvolverase a xornada “Evolución de OneHealth DataSpace: Introdución á Factoría de IA 1HealthAI”. Nela darase a coñecer esta infraestrutura europea de Intelixencia Artificial orientada ao concepto “One Health” (unha soa saúde), pensada para achegar e facilitar o uso de solucións de IA avanzadas ás empresas e proxectos do sector.