- Tipo
- Tematica
A partir do mes de outubro, como vén sendo habitual, as bibliotecas amesás celebrarán tres sesións de narrativa oral dirixidos a nenas e nenos de 3 a 8 anos. Serán sempre a partir das 17:30 horas, e realizaranse tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, en días distintos e con datas de inscrición independentes.
Deste xeito, en outubro realizaranse as sesións de Contos agarimosos, en Bertamiráns os días 13, 14 e 15, e no Milladoiro terán lugar os días 20, 21 e 22. Para o mes de novembro están previstas as sesións de Contos estraños, os días 10, 11 e 12 na biblioteca de Bertamiráns, e os días 17,18 e 19 na biblioteca do Milladoiro. Por último, no mes de decembro celebraranse as sesión de Un Nadal entre contos, os días 1, 2 e 3 en Bertamiráns, e os días 15, 16 e 17 no Milladoiro. Para participar nestas sesións de contos é necesario inscribirse previamente.





