Solapas principales

Listaxes definitivas de admitidos e excluídos na Escola de Verán 2025

Lunes, 23 junio, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes definitivas de nenos/as admitidos/as e excluídos/as no programa municipal da Escola de Verán 2025. Este servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estaban escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria. Podes consultar as listaxes completas ao pé deste aviso.

O Concello de Ames informa de que se pode consultar o estado das solicitudes para Escola de Verán 2025 localizando o expediente co número de rexistro. Así mesmo pódese consultar o proxecto educativo que rexerá na Escola de Verán 2025. As solicitudes de praza para Escola de Verán, onde os proxenitores presentaron a xustificación da necesidade de conciliar (o proxenitor custodio no caso de familias monoparentais) e cumpran cos requisitos, están todas admitidas.