Solapas principales

Alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior de Galicia dun episodio por altas temperaturas

Lunes, 4 agosto, 2025
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun episodio de altas temperaturas a partir do mediodía da xornada de hoxe, luns 4 de agosto, de nivel 1 AMARELO no interior da provincia da Coruña, con temperaturas que poden alcanzar os 35º graos e, puntualmente, pódese chegar a alcanzar os 37º. Este fenómeno afectará a toda Galicia de maneira hetereoxénea nas diferentes zonas.

Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícase que, en previsión destes feitos, se adopten as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións, transmitindo e informando a cidadanía que participe en eventos, do tipo que sexa, das medidas de autoprotección que deben adoptar.

No caso de precisar información máis puntual ou desagregada, pódese chamar ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, ou consultar a páxina web da AEMET: www.aemet.es, do CIAE 112: www.axega112.gal, e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es.

Multimedia