Avisos

Por ejemplo, 09-10-2026
Por ejemplo, 09-10-2026
Viernes, 22 agosto, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Miércoles, 20 agosto, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, informa de que se suspende a actividade “Camiñando ao Solpor”, na que estaba previsto visitar o sábado 23 de agosto os petróglifos de Castelo e da Peneda Negra, ambos os dous situados na área arqueolóxica da Ventosa e pertencentes ao conxunto do Parque Compostela Rupestre. Estes petróglifos son parte de máis dunha vintena de xacementos prehistóricos e protohistóricos repartidos por todo o municipio amesá.
Jueves, 14 agosto, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Martes, 12 agosto, 2025
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames unha interrupción programada do subministro eléctrico durante os días 13 e 14 agosto en varias rúas de Bertamiráns, O Pedregal, Trasmonte, Caroubáns e Loureiros co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica.
Lunes, 11 agosto, 2025
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames unha interrupción programada do subministro eléctrico durante o día 12 agosto en varias rúas de Bertamiráns, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica.
Lunes, 11 agosto, 2025
O Concello de Ames procedeu á firma dun convenio de colaboración interadministrativo subscrito entre a Consellaría de Medio rural e as entidades locais para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2025-26, cofinanciado parcialmente con fondos FEADER no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria (PEPAC) 2023/2027. Levarase a cabo a realización de tratamentos silvícolas preventivos nas vías e camiños de titularidade municipal na época estival, que consistirán en actuacións mecanizadas mediante rozas co obxecto de disminuir a carga combustible.
Lunes, 11 agosto, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas nos servizos complementarios de educación (Bos Días Cole, Tardes Divertidas e Comedor Escolar) para o curso 2025-2026.
Lunes, 11 agosto, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 7 agosto, 2025
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de crianzas admitidas e excluídas no programa de conciliación Setembro Lúdico 2025, para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín e o CEIP A Maía. O prazo de emendas e baixas remata o 22 de agosto.
Jueves, 7 agosto, 2025
O Concello de Ames informa que, con motivo da celebración este sábado, 9 de agosto, da IV Regata Provincial "Circuíto praia fluvial de Tapia", o acceso á praia fluvial de Tapia estará restrinxido durante toda a xornada do sábado. Deste xeito, quedará prohibido ao longo de todo o día o acceso ás zonas da área recreativa, tanto as de baño (zona de arriba do muíño), coma nas zonas verdes (próximas á instalación de piragüismo).