Avisos

Por ejemplo, 09-10-2026
Por ejemplo, 09-10-2026
Lunes, 8 septiembre, 2025
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (Aula AmTIC) do Concello de Ames, localizada no Milladoiro, retoma a súa programación neste mes de setembro. Desta volta, ofertan tres novos cursos para adultos e unha formación dirixida para menores. As persoas interesadas en realizar calquera dos cursos, deben facer a súa inscrición chamando a través do número de teléfono 674 59 48 43, escribindo un correo electrónico a informatica.milladoiro@gmail.com coa correspondente solicitude cuberta e asinada ou de xeito presencial na propia aula AmTIC do Milladoiro.
Lunes, 8 septiembre, 2025
Dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames informan de que xa están esgotadas as prazas para participar na actividade "Para cantar e bailar" de Luís Prego e Samuel Soto, que se vai celebrar este venres, 12 de setembro, ás 18.00 horas, no Pazo da Peregrina en Bertamiráns. Será un concerto cheo de cantigas, danzas sinxelas e xogos cantados e bailados para que as crianzas experimenten e teñan o seu primeiro contacto co baile tradicional e coas melodías e ritmos propios do noso folclore.
Viernes, 5 septiembre, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 5 septiembre, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Martes, 2 septiembre, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abre ata o 9 de setembro o prazo extraordinario para novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames. Os interesados en obter praza deben cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro.
Viernes, 29 agosto, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 28 agosto, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, informa de que se suspende a actividade “Noite de Estrelas”, na que estaba previsto realizar o sábado 30 de agosto unha observación do ceo nocturno. A suspensión de dita actividade está motivada pola predición meteorolóxica para a noite do sábado que apunta choiva e que o ceo estará cuberto.
Martes, 26 agosto, 2025
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes definitivas de crianzas admitidas e excluídas no programa de conciliación Setembro Lúdico 2025, para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín e o CEIP A Maía.
Viernes, 22 agosto, 2025
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames unha interrupción programada do subministro eléctrico durante os días 26, 27 e 28 agosto en varios lugares das parroquias de Ames, Covas, Ortoño e Biduído co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica.
Viernes, 22 agosto, 2025
O Concello de Ames informa das recomendacións que fai a Xunta de Galicia para a cidadanía ante os incendios forestais que están asolando Galicia durante as últimas semanas.