Solapas principales

Esgotadas as prazas para a actividade "Para cantar e bailar" do programa Apego deste venres

Lunes, 8 septiembre, 2025
Dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames informan de que xa están esgotadas as prazas para participar na actividade "Para cantar e bailar" de Luís Prego e Samuel Soto, que se vai celebrar este venres, 12 de setembro, ás 18.00 horas, no Pazo da Peregrina en Bertamiráns. Será un concerto cheo de cantigas, danzas sinxelas e xogos cantados e bailados para que as crianzas experimenten e teñan o seu primeiro contacto co baile tradicional e coas melodías e ritmos propios do noso folclore.

O programa Apego, un vehículo de transmisión da lingua
O programa Apego é un proxecto de dinamización lingüística dirixido ás familias que estean a esperar un bebé ou que teñan crianzas entre 0 e 6 anos. O seu obxectivo é promover, apoiar e normalizar o uso do galego na socialización da primeira infancia, achegando recursos e unha ampla proposta de actividades lúdicas e educativas.

As persoas interesadas en sumarse á iniciativa poden facelo poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, escribindo un correo a normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 662 377 215. Así mesmo, tamén poden facelo cubrindo o formulario “Súmate ao apego”, que está dispoñible na páxina web do programa, apego.gal.

Multimedia