Avisos

Por ejemplo, 24-09-2026
Por ejemplo, 24-09-2026
Lunes, 5 enero, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Miércoles, 31 diciembre, 2025
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa de que desde este martes, 23 de decembro, pódese obter cita previa para as Recepcións reais de Bertamiráns e do Milladoiro previstas para os días 3 e 4 de xaneiro.
Martes, 30 diciembre, 2025
A Festa de Fin de Ano celebrarase no pavillón de Bertamiráns, en horario de 01.00 a 08.00 horas da mañá. Contarase cunha participación de 870 persoas. Hai que ter en conta esta información que é de interese para todas as persoas que acudan a dita festa.
Martes, 30 diciembre, 2025
A aula AMTIC do Concello de Ames vén de anunciar a convocatoria de catro novos cursos de formación para persoas adultas, así como outros catro para nenos e nenas, para os meses de xaneiro, febreiro e marzo do vindeiro 2026. Competencias dixitais básicas, Creación de web con WordPress, Iniciación ao correo electrónico e Uso básico de Internet serán os obradoiros destinados a usuarios e usuarias adultas, mentres que Iniciación á Informática, Scratch (Intermedio), Mecanografía para nen@s e Programación con placa Micro:bit estarán orientados aos cativos e cativas. Os cursos son gratuítos e as inscricións deberán facerse en informatica.milladoiro@gmail.com, mediante o correspondente formulario, ou ben chamando ao número de teléfono 698 172 347.
Martes, 30 diciembre, 2025
A aula CEMIT, logo dos obradoiros de Nadal para a rapazada, presenta tres novos cursos de formación para adultos e outros dous para os máis cativos na área de Técnicas da Información e a Comunicación entre os meses de xaneiro e febreiro. Así, “Crea o teu CV a medida!”, “Busca de emprego a través de Internet” e “Textos con LibreOffice Writer”, serán as ensinanzas aplicadas ao mundo laboral nun contexto de constante cambio e actualización. Para os nenos e nenas, a aula CEMIT ofrece “Informática para rapaces/as” e “Mecanografía para rapaces/as”. O prazo de inscrición xa está aberto.
Martes, 30 diciembre, 2025
A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores, 31 de decembro, en Bertamiráns, ao carón da praza da Maía. O horario de atención será de 09:30 a 14:30 horas. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) baixo o lema “Doa sangue, o mellor regalo”, pretende sensibilizar á cidadanía galega da importancia de doar sangue xa que precísanse máis de 400 doazóns diarias nos hospitais galegos. No 2024 o municipio de Ames obtivo 1.501 doazóns cunha taxa que acadou as 46 doazóns por cada 1000 habitantes e ano.
Viernes, 26 diciembre, 2025
Con motivo da celebración desta proba deportiva na contorna da área deportiva do Milladoiro, infórmase que estará prohibido estacionar o domingo, 28 de decembro, no aparcadoiro da área deportiva e da Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de 8:00 a 15:00 horas. Ademais, as rúas polas que transcorre dito campionato estarán cortadas ao tráfico en horario de 10:30 a 13:00 horas. As rúas afectadas son a Travesía do Porto, rúa dos Agriños, unha parte da rúa Palmeiras e unha parte da avenida Muíño Vello.
Viernes, 26 diciembre, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 19 diciembre, 2025
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (Aula AMTIC) do Concello de Ames, localizada no Milladoiro, oferta para este mes de decembro tres novos cursos, un para adultos e outros dous para os máis cativos.
Viernes, 19 diciembre, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.