Solapas principales

Información práctica para a Festa de Fin de Ano do Concello de Ames

Martes, 30 diciembre, 2025
A Festa de Fin de Ano celebrarase no pavillón de Bertamiráns, en horario de 01.00 a 08.00 horas da mañá. Contarase cunha participación de 870 persoas. Hai que ter en conta esta información que é de interese para todas as persoas que acudan a dita festa.

Información práctica para a Festa de Fin de Ano:
    • LOCALIZACIÓN: Pavillón polideportivo de Bertamiráns
    • PARKING: non estará permitido o acceso de vehículos ao parking do pavillón. As zonas colindantes estarán habilitadas para aparcamento de vehículos particulares, lembra a maior das responsabilidades á hora de coller o coche.
    • SERVIZO DE BUSES: a información sobre as liñas de buses as podedes atopar no seguinte LINK
    • ENTRADA: a validación da entrada realizarase no portón exterior do parking do pavillón. Neste punto pulserarase a cada asistente e se lle entregarán os dous tickets de consumición incluídos coa entrada así como un tícket para canxear polo ECOVASO.
    • IMPORTANTE: non haberá servizo de billeteira no espazo, o total de entradas dispoñibles foron vendidas vía online.
    • +18: Lembramos que o acceso á festa é restrinxido a maiores de 18 anos. O DNI como comprobante poderá ser requirido por calquera membro da organización tanto na entrada como no servizo de barras.

    • SERVIZOS NO INTERIOR DO PAVILLÓN:
        ◦ ROUPEIRO: será un servizo gratuíto, dispoñible no interior do pavillón (ata completar capacidade)
        ◦ BARRAS: Haberá dúas barras a ambos laterais do pavillón.
            ▪ As barras terán habilitado o pago con tarxeta así como o pago en efectivo. A compra de tickets de bebida efectuarase nos lugares indicados de cada barra. 
            ▪ Remitimos a lista de PREZOS
        ◦ A entrada inclúe un ticket para o canxe do ECOVASO na vosa consumición; en caso de perda o ECOVASO terá custe de 1 €. 
        ◦ Non haberá servizo de comida dentro do pavillón.

    • SERVIZOS NO RECINTO:
        ◦ ASEOS: haberá unha caseta de baños no exterior do pavillón, no lateral de camiño á piscina.
        ◦ SERVIZO DE COMIDA E CHURROS: un food truck de comida e un de chocolate con churros estarán á vosa disposición no parking do pavillón durante a noite.
        ◦ AMBULANCIA: Tamén no parking teremos servizo asistencial en caso de calquera percance, o persoal está para axudar en calquera situación que poida presentarse.

E lembra, hai un equipo grande de persoas traballando esa noite para facer a mellor das festas, o respecto é prioritario.

Multimedia