Solapas principales

Detectados posibles erros de funcionamento nun caixeiro automático de Bertamiráns

Viernes, 16 enero, 2026
O Concello de Ames informa da denuncia dun veciño de Bertamiráns polo mal funcionamento dun caixeiro automático que se atopa entre os números 34 e 36 da avenida da Maía, en Bertamiráns.

Segundo trasladou dito veciño ao Concello, hai varias persoas afectadas pola posible perda de diñeiro debido ao mal funcionamento deste caixeiro automático. Presuntamente, ao retirar efectivo o caixeiro entrega menos diñeiro do solicitado. 

A Policía Local abriu unha listaxe de persoas afectadas, polo que se anima ás persoas perxudicadas a acudir á oficina da Policía Local, situada na rúa Alcalde Lorenzo, en Bertamiráns, para denunciar os feitos e crear un grupo de persoas damnificadas.

Multimedia