- Tematica
As persoas admitidas teñen un prazo do 22 ao 27 de xaneiro para facer efectivo o pagamento (a folla de autoliquidación do curso chegará ao seu correo electrónico). Rematado este prazo de pagamento, en caso de quedar prazas libres, contactarase coas persoas que están en lista de agarda.
Xuventude Ames oferta este curso útil que abre moitas portas de cara á inserción laboral e que capacita para deseñar, programar e pór en práctica actividades para o tempo libre, orientadas á infancia, á mocidade o incluso a persoas maiores ou con necesidades especiais. No curso abordaranse cuestións psicolóxicas, dinámicas de grupo, xogos, educación ambiental e demais temáticas relacionadas coa animación sociocultural.
A formación consta de dúas partes: a primeira, teórico-práctica, durará 200 horas divididas en 40 hora en liña e 160 presenciais durante as fins de semana, a razón de 10 horas diarias en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 15.30 a 20.30 horas; a segunda serán 150 horas totalmente prácticas, onde o alumnado deberá buscar unha institución onde poder elaborar o proxecto desta fase.
Pódese obter máis información no número de teléfono 616 083 229 ou no enderezo de correo electrónico xuventude@concellodeames.gal.





