Actualidad

Por ejemplo, 24-06-2025
Por ejemplo, 24-06-2025
Sábado, 18 de abril de 2020
O departamento de Contratación avanza na tramitación de tres obras que se executarán nas parroquias de Biduído e A Ameixenda por valor de 281.518 euros

A pesar de os prazos administrativos están suspendidos temporalmente debido ao Real Decreto 463/2020, a través do cal se declarou o estado de alarma, o departamento municipal de Contratación segue avanzando na tramitación de expedientes de licitación que estaban abertos. Deste xeito, avánzase na licitación de tres proxectos que se van desenvolver nas parroquias de Biduído e A Ameixenda coa apertura de ofertas. Estas obras, que teñen un orzamento total de 281.518,59 euros, están incluídas no POS+ adicional de 2019. Os proxectos atinxen á pavimentación do camiño que vai de Tarrío a Raíces; a pavimentación do acceso a Sura; e maila pavimentación dos viarios do núcleo de Raíces.

Viernes, 17 de abril de 2020
Imaxe de comercios na Praza do Concello

Onte comezou a rolda de contactos do Concello de Ames coas diferentes asociacións de comerciantes de Ames. A primeira reunión a través de videoconferencia foi con representantes da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), pero nas próximos días sumaranse a Asociación de empresarios Palmira Bulevard e a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro. Estas reunións telemáticas teñen como obxectivo coñecer como están a levar esta complicada situación os diferentes comercios do concello, así como a busca de posibles solucións ás súas inquedanzas. 

Jueves, 16 de abril de 2020
Cartel sobre as diferentes actividades na rede con motivo do Día do Libro

O Día Internacional do Libro, o 23 de abril, foi instaurado pola Unesco en 1988 aproveitando as datas do pasamento de autores tan importantes como William Shakespeare e Miguel de Cervantes. Esta data homenaxea os libros e os e as autoras  e fomenta o acceso á lectura para o maior número posíbel de persoas. Tal e como di a Unesco, o libro representa unha das mellores invencións para compartir ideas e encarna un instrumento eficaz para loitar contra a pobreza e construír a paz.

Martes, 14 de abril de 2020
A Concellaría de Educación realiza unha enquisa sobre a situación socioeconómica das familias usuarias dos programas de conciliación municipais

A enquisa telefónica realízase a preto de 200 familias usuarias da Rede Municipal de Comedores Escolares que teñen bonificación total no pagamento das cotas (cota cero euros), correspondentes ás rendas inferiores ao 25% do IPREM. As enquisas estanse a realizar dende este pasado luns, 13 de abril, e desenvolveranse ata o 17 de abril. O obxectivo da enquisa é coñecer a situación económica de ditas familias motivada polo impacto do coronavirus (COVID-19).

Domingo, 12 de abril de 2020
Imaxe do reparto de mascarillas

O Concello de Ames informa de que este luns 13 e o martes 14 de abril, en horario de 7.00h a 9.00 horas, os membros da Agrupación de Protección Civil e mailos axentes da Policía Local e da Garda Civil repartirán mascarillas entre os/as traballadores de servizos non esenciais que este luns se reincorporan aos seus postos de traballo cuxa actividade foi suspendida o pasado 29 de marzo. O reparto farase nas principais vías de saída de Bertamiráns e do Milladoiro, así como na entrada do polígono empresarial do Milladoiro. Tamén se repartirán e dúas paradas de transporte metropolitano do Milladoiro e noutras dúas de Bertamiráns.

Sábado, 11 de abril de 2020
Ata o 26 de abril continúan vixentes as medidas de confinamento aprobadas no primeiro Real Decreto polo que se aprobou o estado de alarma

Tras a ampliación do estado de alarma publicada no día de hoxe no Boletín Oficial do Estado, e que se manterá como mínimo ate as 00.00 horas do día 26 de abril de 2020, o Concello de Ames informa de que continúan vixentes as medidas de confinamento establecidas no Real Decreto 463/2020 de 14 de marzo, polo que se declarou o estado de alarma. Deste xeito dende o Concello lémbrase que hai que continuar dando cumprimento as medidas, xa que de non facelo poderán impoñerse sancións. Así mesmo tamén se recorda os establecementos comerciais que teñen suspendida a súa actividade.

Viernes, 10 de abril de 2020
Imaxe das oficinas de servizos sociais do Milladoiro

O recentemente constituído Comité de Emerxencia Social celebrou a súa primeira xuntanza na que fixo balance sobre a situación actual dos servizos sociais, destacando o incremento de usuarios e necesidades en emerxencia social e as medidas que se están adoptando durante o estado de alarma. Igualmente, acordouse a necesidade de aprobar unha instrución sobre as axudas de emerxencia social e garantía para a renda municipal básica, de forma que se faciliten os trámites necesarios así como a revisión de documentación dun modo áxil. Asemade, falouse sobre a situación dos comedores e dos medios necesarios de carácter tecnolóxico aplicables aos servizos sociais, e da posta en funcionamento dunha liña de teléfono gratuíta para facilitar a comunicación cos usuarios e usuarias.

Viernes, 10 de abril de 2020
Traballos de limpeza e desinfección no rural

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Servizos Básicos, informa de que a empresa concesionaria do servizo de limpeza viaria, Urbaser, continúa realizando traballos de limpeza e desinfección pola zona rural do municipio como consecuencia do estado de alarma decretado polo Goberno do Estado ante a crise sanitaria polo coronavirus. Estes traballos súmanse aos que se están desenvolvendo tamén nos núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro, así como nas distintas urbanizacións.

Martes, 07 de abril de 2020
Imaxe do pleno celebrado o pasado 27 de febreiro de 2020

O Concello de Ames, a través da aplicación Coun-cilbox subministrada por AVA Soluciones tecnológicas, poderá realizar o vin-deiro luns, 13 de abril, as comisións informativas previas ao pleno do 16 de abril, unha sesión plenaria que corresponde co pleno ordinario do mes de marzo, que quedou pendente de celebrar debido ao estado de alarma no que nos atopamos como consecuencia da pandemia do Covid-19. Ademais, a tra-vés desta aplicación poderanse celebrar, se fose necesario, xuntas de goberno local, mesas xerais de negociación, etc.

Lunes, 06 de abril de 2020
Imaxe do pavillón do Milladoiro

O alcalde de Ames, Jose Miñones, envioulle esta mañá unha carta ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, para ofrecerlle á Administración autonómica os medios cos que conta o Concello de Ames na actualidade, especialmente os dous pavillóns polideportivos, e as súas salas anexas, situados nos núcleos do Milladoiro e Bertamiráns, para que poidan ser utilizados, no caso de que fose necesario, como hospitais de campaña, ou para calquera outra necesidade que permita facer fronte á pandemia do Coronavirus (COVID-19).