Solapas principales

Ata o 26 de abril continúan vixentes as medidas de confinamento aprobadas no primeiro Real Decreto polo que se aprobou o estado de alarma

Sábado, 11 de abril de 2020

Tras a ampliación do estado de alarma publicada no día de hoxe no Boletín Oficial do Estado, e que se manterá como mínimo ate as 00.00 horas do día 26 de abril de 2020, o Concello de Ames informa de que continúan vixentes as medidas de confinamento establecidas no Real Decreto 463/2020 de 14 de marzo, polo que se declarou o estado de alarma. Deste xeito dende o Concello lémbrase que hai que continuar dando cumprimento as medidas, xa que de non facelo poderán impoñerse sancións. Así mesmo tamén se recorda os establecementos comerciais que teñen suspendida a súa actividade.

Por iso, o Concello de Ames resalta a importancia de continuar cumprindo coas medidas de confinamento nesta nova etapa que afrontamos, para dese xeito seguir freando a evolución da pandemia do coronavirus – COVID-19.
 
Lembráselle á veciñanza que queda prohibido circular polos espazos e vía pública, salvo nos casos recollidos no artigo 7 de dito Real Decreto 463/2020 de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
 
Este artigo indica que  as persoas unicamente poderán circular po vías ou espazos públicos para:
-Adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade.
-Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
-Desprazamento ao lugar de traballo para efectuar a súa prestación laboral, profesional ou empresarial.
-Retorno ao lugar de residencia habitual.
-Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
-Desprazamento a entidades financeiras e de seguros.
-Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
-Calquera outra actividade de análoga natureza.
-Igualmente, permitirase a circulación de vehículos particulares polas vías de uso público para a realización das actividades indicadas anteriormente ou para a reposición en gasolineiras ou estacións de servizo.
 
En todo caso, en calquera desprazamento deberán respectarse as recomendacións e obrigacións ditadas polas autoridades sanitarias.
 
As saídas só se poden facer de xeito individual
É preciso resaltar que durante a vixencia do estado de alarma as saídas permitidas tan só se poderán facer de xeito individual, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade, menores, maiores, ou por outra causa xustificada. O incumprimento destas obrigas  leva aparellada a imposición de sanción por parte das Autoridades pertinentes. Sancións que se impoñerán consonte ao establecido na Lei de Seguridade Cidadá.
 
Ademais de todo iso, cómpre ter en conta, que ao día seguinte de decretarse o estado de alarma, o Ministerio do Interior, ditou unha Orde sobre os criterios de actuación das Forzas e Corpos de Seguridade (Orde INT/226/2020, de 15 de marzo, pola que se establecen criterios de actuación para as Forzas e Corpos de Seguridade en relación co Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19).
 
Guía de directrices de boas prácticas nos centros de traballo 
Ata o 26 de abril continúan vixentes as medidas de confinamento aprobadas no primeiro Real Decreto polo que se aprobou o estado de alarma