Actualidad

Por ejemplo, 09-07-2026
Por ejemplo, 09-07-2026
Martes, 16 de septiembre de 2025
As bibliotecas de Ames presentan a súa programación para os derradeiros meses do ano

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames vén de anunciar a súa programación para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro, e que, nesta ocasión, ademais dos habituais obradoiros e sesións de narrativa oral para os máis pequenos que se desenvolverán tanto na biblioteca do Milladoiro como na de Bertamiráns, presenta varias novidades. A programación comezará o vindeiro 23 de setembro, coa actividade de contos e música “Grandes éxitos 2004-2024” de Caxoto e que terá lugar na biblioteca de Bertamiráns. A ilustración central do cartel xeral do curso 2025/2026 foi elaborada por Amalia María Castro Rey, gañadora da terceira categoría do concurso de debuxo infantil organizado polas bibliotecas con motivo do Día do Libro.

Sábado, 30 de agosto de 2025
Péchanse os Seráns de Ames cun concerto de Mary Iglesias e co espazo Xogando Miudiño

Este pasado xoves, 28 de agosto, celebrouse a derradeira sesión dos Seráns de Ames 2025, que desta volta levou á praia fluvial de Tapia unha proposta lúdica de xogos para a rapazada e unha actuación musical da man de Mary Iglesias. Deste xeito, péchase o programa dos Seráns de Ames que se desenvolveu durante seis xoves dos meses de xullo e agosto en Tapia, Ortoño, Covas, Trasmonte e Bugallido.

Miércoles, 11 de junio de 2025
Chega unha nova sesión dos Encontros Literarios coa presentación de “Cada uno de mis latidos” de Nerea Cebreiro

Este xoves, 12 de xuño, chega unha nova sesión dos Encontros Literarios, nesta ocasión, coa presentación do primeiro libro de Nerea Cebreiro “Cada uno de mis latidos”. Ademais da autora desta obra, estará presente durante a xornada a profesora de lingua castelá do IES Rosalía de Castro de Santiago, Mónica Frecha. A sesión terá terá lugar ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Como vén sendo habitual, a entrada será libre ata completar aforo.

Martes, 03 de junio de 2025
Volven os Encontros Literarios coa presentación de “A gran final” de Xaquín Núñez Sabarís

Este xoves, a partir das 20.00 horas, retómanse as sesións do programa Encontros Literarios que se desenvolven no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Desta volta, será a presentación do libro “A gran final. Contos e contas do fútbol galego”, unha obra coordinada por Xaquín Núñez Sabarís que conta coa colaboración de varios autores, xornalistas e personalidades do mundo do fútbol. Ademais da presenza de Núñez Sabarís, estarán presentes no encontro outros autores e colaboradores da obra: Lito Vila Baleato, Patricia Janeiro, Jesús Torres e Camilo Franco. 

Martes, 20 de mayo de 2025
Toño Núñez presenta o seu libro “Mea Culpa” nunha nova sesión dos Encontros Literarios

Este mércores, día 21, chega unha nova sesión dos Encontros Literarios, desta volta, coa presentación do libro de Toño Núñez “Mea Culpa”. Ademais do autor desta obra, estará presente durante a xornada o investigador, profesor e crítico literario galego, Armando Requeixo. A sesión terá terá lugar ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Como vén sendo habitual, a entrada será libre ata completar aforo.

Lunes, 05 de mayo de 2025
Volven os Encontros Literarios este mércores coa presentación de “A mirada de Flor” de Margarita Murillo

Neste mes de maio, no que se conmemora o Día das Letras Galegas o vindeiro día 17, continúa a programación dos Encontros Literarios. Nesta ocasión, coa presentación do libro “A mirada de Flor”, da amesá Margarita Murillo. A sesión terá lugar este vindeiro mércores, día 7, ás 20.00 horas, no Pazo da Peregrina. Como vén sendo habitual, a entrada será libre ata completar aforo.

Martes, 22 de abril de 2025
Continúan os Encontros Literarios neste mes do libro coa presentación este mércores de “Cuarto vértice” de Carlos Moreno

Neste mes de abril, no que se conmemora o Mes do Libro, continúan a desenvolverse as sesións dos Encontros Literarios. Nesta ocasión, coa presentación do libro “Cuarto vértice”, de Carlos Moreno Lugrís, e publicado por Hércules de Edicións. A sesión terá lugar este vindeiro mércores, día 23, ás 20.00 horas, no Pazo da Peregrina. Ademais de asistir o propio autor da obra, o coloquio tamén contará coa presenza da escritora Encarna Otero. Como vén sendo habitual, a entrada será libre ata completar aforo.

Domingo, 13 de abril de 2025
Aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de encadernación xaponesa

A Biblioteca municipal de Ames continúa coa súa programación de actividades dentro do programa “Abril, mes do libro en Ames”. Deste xeito, organizan un obradoiro de encadernación xaponesa, dirixido para a rapazada a partir de 3º de primaria. A actividade desenvolverase o venres 25 de abril no Milladoiro e o sábado 26 en Bertamiráns. O prazo de inscrición para participar está aberto desde o pasado venres, día 11, ata o vindeiro 21 de abril. Para participar, é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal indicando nome, apelidos, curso e idade das crianzas participantes xunto cun número de teléfono de contacto.

Domingo, 06 de abril de 2025
Continúan os Encontros Literarios coa presentación este mércores de “Comida para gatos e outras delicatessen indixestas” de Luz Darriba

Neste mes de abril, no que se conmemora o Mes do Libro, continúan as sesións dos Encontros Literarios. Desta volta, o Pazo da Peregrina acollerá este mércores, 9 de abril, ás 20.00 horas, a presentación “Comida para gatos e outras delicatessen indixestas” de Luz Darriba. Ademais da autora da obra, estará presente durante a charla a escritora e xornalista Nazaret López. Como vén sendo habitual, a entrada será libre ata completar aforo.

Viernes, 04 de abril de 2025
Entrada da sala de estudo do Milladoiro

O Concello de Ames, a través do departamento de Bibliotecas municipais, informa que dende hoxe xa se poden solicitar os códigos QR de accedo ás salas de estudo municipais. Pódese solicitar de xeito telemático cubrindo este formulario e enviando por correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal. Unha vez sexa recibido por parte do persoal do departamento de bibliotecas enviaranlle ao móbil do usuario/a o correspondente código QR co cal poderán acceder ás salas de estudo. Dito trámite tamén se pode facer de xeito presencial nas bibliotecas cubrindo o correspondente formulario.