Actualidad

A oitava edición de Cinema Miúdo celebrouse do 13 ao 16 de novembro cun programa que combinou proxeccións internacionais, obradoiros creativos e actividades orientadas a reforzar a educación en valores a través do cinema. O festival presentou unha selección de nove bloques de curtametraxes procedentes de 21 países, incluíu sesións específicas para público escolar e abriu espazo para a reflexión mediante dúas propostas especiais baixo o título Cinema en Valores. Premendo nesta ligazón podes acceder á galería de imaxes do Festival Internacional de Cinema Infantil Cinema Miúdo.

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, organiza, un ano máis, unha programación cultural específica para a celebración da Santa Icía, a patroa dos músicos. Ao longo da vindeira semana, celebraranse diferentes concertos conmemorando a semana da música. A Escola Municipal de Música de Ames será a encargada de dar comezo ao programa, ofrecendo un concerto o martes 18, ás 18.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. As entradas e convites para os espectáculos poden adquirirse a través da Billeteira electrónica.

A Asociación Veciñal de Bugallido, en colaboración co Centro Cultural Mahía e a Sociedade Agraria de Bugallido, Ortoño e Biduído, organiza mañá, 15 de novembro, o Magosto de Bugallido, unha das celebracións máis agardadas de todo o ano. Así, ao longo da tarde deste sábado, todas as persoas que se acheguen ata o campo da festa da parroquia amesá poderán degustar as castañas propias desta festa, así como gozar da foliada de música e baile tradicional da man de A Requinta de Lampai, Os Liantes e A Banda das Crechas.

O Festival Internacional de Cinema Infantil Cinema Miúdo comeza mañá a súa oitava edición, que se desenvolverá do 13 ao 16 de novembro na Casa da Cultura de Bertamiráns. Este ano o certame chega cunha programación máis internacional e comprometida ca nunca, baixo o lema Defendamos a paz e os dereitos humanos, e cunha especial atención ás actividades dirixidas ao público escolar. Esta iniciativa está organizada polo Concello de Ames en colaboración coa Deputación da Coruña. Os abonos para o festival, que teñen un prezo de 3 euros, xa están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Este xoves celébrase a segunda xornada do programa “Cine de outono”, un ciclo de cine que ten como obxectivo achegar á veciñanza de Ames filmes en galego durante o mes de novembro. Nesta ocasión, proxectarase o xoves, 13 de novembro, ás 20.00 horas, a curta “Ratiña”, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Esta proxección está subvencionada pola Deputación da Coruña e forma parte dunha actividade de mediación. Ao final da proxección haberá un coloquio no que participará a directora da curtametraxe, Alicia Úbeda. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica.

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, organiza, un ano máis, unha programación cultural específica para a celebración da Santa Icía, a patroa dos músicos. Ao longo da vindeira semana, celebraranse diferentes concertos conmemorando a semana da música. A Escola Municipal de Música de Ames será a encargada de dar comezo ao programa, ofrecendo un concerto o martes 18, ás 18.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns.

Este venres comeza unha nova edición do programa “Cine de outono”, un ciclo de cine que ten como obxectivo achegar á veciñanza de Ames filmes en galego durante o mes de novembro. Nesta ocasión, proxectaranse dúas películas, a primeira delas será “Antes de Nós”, o venres 7 de novembro no auditorio de Bertamiráns, ás 20.00 horas. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica.

O Festival Internacional de Cinema Infantil de Ames despedirá a súa oitava edición cunha gala chea de humor e compromiso social da man do coñecido artista Peter Punk Pallaso, que presentará un espectáculo cómico e reivindicativo centrado na defensa dos dereitos humanos e na mensaxe de paz que inspira esta edición de Cinema Miúdo. O festival vaise a celebrar do 13 ao 16 de novembro no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Os abonos para o festival, que teñen un prezo de 3 euros, están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, programa un novo ciclo de cine durante o mes de novembro no que se proxectarán os filmes “Antes de Nós”, o venres 7 de novembro no auditorio de Bertamiráns, e “Ratiña”, o xoves 13 no auditorio do Milladoiro, ambas as dúas en horario de 20.00 horas. Ao final das proxeccións haberá un pequeno coloquio sobre ditos filmes. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica.

No marco da oitava edición do Festival Internacional de Cinema Infantil de Ames, Cinema Miúdo, o Concello de Ames propón dúas actividades formativas que farán as delicias da rapazada máis curiosa: dous obradoiros creativos para aprender facendo, dirixidos por profesionais de referencia no ámbito audiovisual. Ambos obradoiros son para nenas e nenos a partir de 8 anos. Son gratuítos e con prazas limitadas e as inscricións poden realizarse a través do correo electrónico actividades@cinemamiudo.gal indicando nome e idade da participante e teléfono de contacto dunha persoa adulta.
- ‹ anterior
- 9 de 74
- siguiente ›




