Solapas principales

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este xoves, 13 de novembro, a proxección da curta “Ratiña” dirixida por Alicia Úbeda

Martes, 11 de noviembre de 2025

Este xoves celébrase a segunda xornada do programa “Cine de outono”, un ciclo de cine que ten como obxectivo achegar á veciñanza de Ames filmes en galego durante o mes de novembro. Nesta ocasión, proxectarase o xoves, 13 de novembro, ás 20.00 horas, a curta “Ratiña”, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Esta proxección está subvencionada pola Deputación da Coruña e forma parte dunha actividade de mediación. Ao final da proxección haberá un coloquio no que participará a directora da curtametraxe, Alicia Úbeda. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica.

A Concellaría de Cultura organizou unha nova edición do programa “Cine de outono”, unha proposta que achega á veciñanza amesá diferentes propostas de cinema en galego. Nesta ocasión, o ciclo conta cunha longametraxe, que se proxectou o pasado venres 7 de novembro no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, e unha curta, que se proxectará esta semana no auditorio do Milladoiro.

Deste xeito, este xoves, 13 de novembro, ás 20.00 horas, celebrarase a segunda xornada do programa “Cine de outono”. O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá a proxección da curta “Ratiña”, dirixida por Alicia Úbeda. Esta proxección está subvencionada pola Deputación da Coruña e forma parte dunha actividade de mediación. Ao final da proxección haberá un coloquio no que participará a directora da curtametraxe, Alicia Úbeda.

“Ratiña” é a primeira de varias historias autobiográficas na que, nesta ocasión, a protagonista é unha nena de nove anos que sofre bullying na escola e como afronta esa situación na súa casa. Ratiña amosa unha cara menos coñecida das consecuencias do bullying, que é a soidade que pode sentir unha nena cando, ademais de pasar medo no cole, non ten as ferramentas para pedir axuda na súa casa.

Previamente, o pasado venres 7 de novembro, proxectouse a longametraxe “Antes de Nós” no auditorio de Bertamiráns. Este filme estreouse o pasado 21 de maio e está dirixido por Ángeles Huerta e conta con guión de Pepe Coira. Ademais, forma parte da programación polo Ano Castelao do Concello de Ames, xa que conta parte da vida de Castelao.

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este xoves, 13 de novembro, a proxección da curta “Ratiña” dirixida por Alicia Úbeda