Solapas principales

O Concello de Ames programa varios concertos con motivo da semana da música pola Santa Icía

Domingo, 09 de noviembre de 2025

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, organiza, un ano máis, unha programación cultural específica para a celebración da Santa Icía, a patroa dos músicos. Ao longo da vindeira semana, celebraranse diferentes concertos conmemorando a semana da música. A Escola Municipal de Música de Ames será a encargada de dar comezo ao programa, ofrecendo un concerto o martes 18, ás 18.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. 

O Concello de Ames organiza unha semana chea de concertos con motivo de Santa Icía, a patroa dos músicos. Deste xeito, recóllese unha programación de espectáculos musicais dende o 18 ao 23 de novembro para conmemorar dita celebración. As entradas e convites para os espectáculos poden adquirirse a través da Billeteira electrónica.

Santa Icía 2025
A Escola Municipal de Música de Ames será a encargada de dar comezo o gallo da Santa Icía o martes 18 de novembro, ás 18.00 horas, cun concerto no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. 

O venres 21, será a quenda do grupo de indie-folk Caxade e a Banda de Música de Brión, que actuarán a partir das 20.00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns.

Pechando a programación deste ano, o domingo 23 de novembro, ás 18:30 horas, o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá un concerto no que actuará a Coral Abraia de Rianxo, as Pandereteiras da Costaneira e a Coral Polifónica de Bugallido, agrupación encargada de organizar este recital. 

Tódalas entradas e convites poden adquirirse a través da Billeteira Electrónica do Concello de Ames

Novas relacionadas: 

AMSGO!: "Varios concertos na honra da patrona dos músicos, Santa Icía"

O Concello de Ames programa varios concertos con motivo da semana da música pola Santa Icía

Multimedia

  • O Concello de Ames programa varios concertos con motivo da semana da música pola Santa Icía
  • O Concello de Ames programa varios concertos con motivo da semana da música pola Santa Icía
  • O Concello de Ames programa varios concertos con motivo da semana da música pola Santa Icía