Economía e orzamentos 2023

O Pleno do Concello de Ames, acordou a aprobación inicial do orzamento xeral, bases de execución e cadro de persoal para o exercicio económico de 2023, na sesión extraordinaria celebrada o día 21 de decembro de 2022. O expediente estivo exposto ao público durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte o da súa publicación no BOP da Coruña número 242, do 23 de decembro de 2022, sen que durante o dito prazo se presentasen alegacións.

Concluído o período de exposición pública de conformidade co disposto no artigo 169.3 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, publícase o Orzamento Xeral para o exercicio económico 2023, entrando en vigor unha vez publicado definitivamente.