Economía e orzamentos 2026

O 23 de febreiro de 2026 someteuse á aprobación o Orzamento Xeral do Concello de Ames para o exercicio 2026, vinculado a unha cuestión de confianza, que resultou rexeitada.

De conformidade co disposto no artigo 197 bis, apartado 5, da Lei Orgánica 5/1985, do Réxime Electoral Xeral, ao non terse presentado moción de censura no prazo dun mes, o 28 de marzo de 2026 o Orzamento Xeral do Concello de Ames para o exercicio 2026 quedou aprobado inicialmente.

O devandito orzamento está integrado por:
-O Orzamento do Concello de Ames.
-O Orzamento da Entidade Pública Empresarial Augas de Ames EPEL.

O expediente estivo exposto ao público durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte o da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia número 60, do 31 de marzo de 2026, sen que durante o dito prazo se presentasen alegacións.

Concluído o período de exposición pública de conformidade co disposto no artigo 169.3 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, publícase o resumo por capítulos do Orzamento do Concello de Ames e da Entidade Pública Empresarial Augas de Ames EPEL para o exercicio económico 2026, así como os cadros de persoal, entrando en vigor una vez publicado definitivamente.