Economía e orzamentos 2024

O Pleno do Concello de Ames, na sesión extraordinaria do 22 de febreiro de 2024, aprobou inicialmente o Orzamento Xeral do Concello de Ames para o exercicio 2024, integrado por:
-O Orzamento do Concello de Ames.
-O Orzamento da Entidade Pública Empresarial Augas de Ames EPEL.
O expediente estivo exposto ao público durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte o da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia número 40, do 26 de febreiro de 2024, sen que durante dito prazo se presentasen alegacións.
Concluído o período de exposición pública de conformidade co disposto no artigo 169.3 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, publícase o resumo por capítulos do Orzamento do Concello de Ames e da Entidade Pública Empresarial Augas de Ames EPEL para o exercicio económico 2024, así como os cadros de persoal, entrando en vigor una vez publicado definitivamente.