Pestanas principais

> Presentación do libro “Mordouelias, Rosalía e As Terras da Maía”

Xoves, 2 marzo, 2023
Ás 19:00 horas

Dentro da programación de actividades organizadas en Ames con motivo do Día de Rosalía, que se conmemorou o pasado 23 de febreiro, o departamento de Turismo organiza a presentación do libro “Mordouelias. Rosalía e As Terras da Maía”, editado polo Concello de Ames e a Fundación Rosalía. O evento terá lugar o xoves, día 2, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 19:00 horas. Nel participarán a filóloga María López Sández, experta rosaliana e escritora da obra, e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro. Antes do acto, ás 18:30 horas, plantarase unha filla da figueira da Casa – Museo Rosalía de Castro, doada por esta institución ao Concello de Ames. Será na zona do anfiteatro ao aire libre (detrás do IES do Milladoiro).