- Tematica
A Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía celebrou o pasado venres, 22 de setembro, a súa primeira xuntanza tras os cambios acontecidos nos seus membros con motivo das eleccións municipais de maio de 2023. Por parte do Concello de Ames asistiron o alcalde e concelleiro de Turismo, Blas García, e maila técnica do departamento de Turismo, Sonia Moure. Os/as asistentes, por unanimidade, acordaron solicitar á presidencia da Xunta de Galicia unha reunión para tratar a oficialización do Camiño dende Santiago a Fisterra e Muxía.
Baixo a presidencia de Áurea Domínguez Sisto, alcaldesa de Fisterra, e coa asistencia de Emilia María Trillo Lojo, concelleira do concello de Cee, que actúa de secretaria, reuníronse no salón de plenos do Concello de Fisterra, Blas García Piñeiro, alcalde de Ames, Manuel Anxo Leis Míguez, alcalde de Negreira, Raúl González Lado, alcalde de Dumbría, Francisco Santiago López, Concelleiro de Corcubión, Sonia Moure, técnica de Turismo de Ames, Tomás Freire Blanco, ADL de Dumbría, María Campos López, ADL de Corcubión e Osvaldo Santos Lobelos, ADL de Fisterra, co fin de ver o estado de contas da asociación e tratar diversos aspectos para levar adiante a subvención concedida pola Deputación de A Coruña.
Como punto final os/as asistentes, por unanimidade, acordaron solicitar á presidencia da Xunta de Galicia unha reunión para tratar a oficialización do Camiño dende Santiago a Fisterra e Muxía.
O alcalde e concelleiro de Turismo, Blas García, destacou que “unha das nosas apostas importantes son os Camiños de Santiago. O concello de Ames é o único concello que conta con tres camiños, e que temos que poñer en valor a multitude de peregrinos que pasan por Ames”.