A Corporación municipal aprobou por unanimidade a quinta modificación do plan estratéxico de subvencións 2023-2025, a participación no plan POS+ Adicional 1/2025 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2025, a aprobación inicial do regulamento de funcionamento do espazo de traballo colaborativo Coworking A Proa, a aprobación da liquidación final do contrato de concesión para a xestión do servizo público do ciclo integral da auga do Concello de Ames asinado con Espina & Delfín SL, a aprobación do expediente de licitación do servizo de axuda no fogar, e maila aprobación do recoñecemento extraxudicial de crédito 2/2024. Tamén se aprobou por maioría absoluta o inicio do expediente para a prestación do servizo público de aparcadoiro baixo tarifas na localidade do Milladoiro. Ademais, aprobáronse a resolución de alegacións e aprobación definitiva da décimo segunda modificación da relación de postos de traballo do Concello de Ames, e maila a modificación do cadro de persoal anexo ao orzamento xeral do Concello de Ames do 2024, como consecuencia de dita modificación. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.