- Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02


- Horario de atención ao público:
- De luns a venres, en horario das 9:00 ás 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concellaría de Promoción Económica
Pestanas principais
Departamento de Promoción Económica e Emprego
Servizos e programas
Novas do departamento
A Unión de Consumidores de Galicia vai impartir o xoves, 17 de novembro, ás 20.00 horas, unha charla para tratar de entender a factura da luz. A charla impartirase na Casa dos Maiores do Milladoiro. Esta actividade enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL). A través desta xornada facilitaráselle aos consumidores e usuarios amesáns unha mellor comprensión en materia de subministración eléctrica.
A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) impartirá mañá, mércores 14 de decembro, ás 20:00 horas, unha nova charla para tratar de entender a factura da luz. Desta volta, a actividade, que no mes de novembro xa se celebrara no Milladoiro, terá lugar no salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns. A charla, enmarcada no acordo que manteñen o Concello de Ames e a UCGAL, busca facilitarlle aos consumidores e usuarios amesáns unha mellor comprensión en materia de subministración eléctrica.
A Unión de Consumidores de Galicia vai impartir unha nova charla no concello de Ames. Neste caso vaise abordar a problemática dos defectos de fábrica nos automóbiles. A charla informativa será este mércores, 2 de xullo, ás 20.30 horas, no salón de plenos da Casa do Concello. Esta actividade enmárcase no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).
A Unión de Consumidores de Galicia vai impartir dúas charlas informativas sobre comisións e custos bancarios, e acceso e funcionamento da banca electrónica. A primeira charla terá lugar o 11 de decembro, ás 16:00 horas, no Centro de maiores de Bertamiráns; e a segunda será o xoves 14 de decembro, ás 19:00 horas, no Centro de maiores do Milladoiro. Esta actividade enmárcase no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).
Unha vez rematado o estado de alarma e superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, os/as técnicos/as da Unión de Consumidores de Galicia volverán a atender, de forma presencial, á veciñanza amesá nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro. O servizo de asesoramento da UCGAL enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).
No ano 2020, a Unión de Consumidores de Galicia, UCGAL, recibiu 262 consultas dos veciños e veciñas de Ames, das que 21 derivaron en reclamacións. En total, o importe das cantidades recuperadas, ou evitadas, nas reclamacións que tramitou a Unión de Consumidores de Galicia nas súas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro, ascendeu a máis de 84.000 euros. A UCGAL recomenda neste momento reclamar ás entidades bancarias os gastos derivados da tramitación das hipotecas.
O Concello de Ames organizou hoxe venres, 26 de xaneiro, a terceira edición de InnovAmes, unha xornada de innovación para as empresas de Ames, que se desenvolveu no pavillón polideportivo do Milladoiro, e na que estiveron presentes grandes referentes da innovación que conviven no propio concello. A finalidade deste evento foi poñer en valor os recursos e a capacidade de innovación local, fomentando a sinerxía e a colaboración entre as empresas, e dando a coñecer ao público xeral o capital empresarial de Ames. Durante toda a xornada participaron o alumnado e profesorado dos centros de ensino amesáns de primaria e secundaria, dez empresas amesás, coworkers do centro coworking A Proa e representantes das tres universidades galegas. Premendo nesta ligazón podes acceder á galería de imaxes do InnovAmes.
O Concello de Ames acolleu neste venres, 7 de marzo, a quinta edición do InnovAmes, unha xornada de innovación para as empresas de Ames que se celebrou no pavillón polideportivo do Milladoiro e na que estiveron presentes diferentes empresas do noso concello referentes nos ámbitos da innovación ou da tecnoloxía. Desta volta, unha das principais temáticas que se trataron foi a sostibilidade no mundo empresarial na actualidade e as posibilidades e capacidades da innovación local. Nesta edición participaron máis de vinte empresas amesás, coworkers do centro coworking A Proa, representantes das Universidades de Santiago de Compostela e da Universidade de Vigo, e alumnado dos centros educativos de Ames. Premendo nesta ligazón podes ver o vídeo resumo do InnovAmes 2025.
A xornada de “Volta ao cole co comercio” do Milladoiro celebrarase finalmente este luns, 15 de setembro. Será a partir das 17.00 horas nas pistas deportivas do Milladoiro. A holi party incluída na programación da actividade realizarase no aparcamento da Casa da Cultura do Milladoiro, polo que estará prohibido estacionar no aparcadoiro desde as 14.00 ata as 22.00 horas do luns día 15.
Dende a Concellaría de Promoción Económica informan de que por mor das predicións meteorolóxicas que dan choiva para mañá martes, 13 de setembro, vaise adiar a xornada de “Volta ao cole co comercio” para o mércores 21 de setembro en Bertamiráns. Trátase dunha campaña para dinamizar o comercio e a hostalaría local no comezo do curso lectivo. A iniciativa ofrecerá actividades ás nenas e nenos de 3 a 11 anos, das 17:00 ás 19:00 horas, e á mocidade dos 12 aos 18, das 19:00 ás 21:00 horas. Haberá diferentes actividade lúdicas e sortearanse diferentes premios. Esta actividade realizouse o venres 9 de setembro no Milladoiro, onde participaron un gran número de nenos e nenas.
- ‹ anterior
- 8 de 66
- seguinte ›
Trámites do departamento
Eventos del departamento
Papá Noel visitará Ames os días 23 e 24 de decembro. O venres 23 pasará pola praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, onde estará de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas. Os cativos e cativas que acudan terán á súa disposición un fotomatón e recibirán un regalo. Haberá carpa.
Dentro da programación de Nadal, Papá Noel estará en Bertamiráns, na Casa dos Maiores o sábado 21 en horario de 11.00 a 13.30 pola mañá e de 17.00 a 20.30 pola tarde.
Dentro da programación de Nadal, Papá Noel estará no Milladoiro, no Centro Social, o luns 23 en horario de 11.00 a 13.30 pola mañá e de 17.00 a 19.30 pola tarde.
Para celebrar o Nadal, algunhas das personaxes de Disney achegaranse a Ames para que os nenos e nenas poidan desfrutar con elas. O luns 26 de decembro visitarán Bertamiráns, onde se celebrarán dous pasarrúas: de 11:00 a 12:00 horas e de 17:00 a 18:00 horas. Así mesmo, de 12:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas estarán na praza da Maía para recibir a toda a cativada que queira achegarse a saudalas.
Para celebrar o Nadal, algunhas das personaxes de Disney achegaranse a Ames para que os nenos e nenas poidan desfrutar con elas. O martes 27 de decembro visitarán O Milladoiro, onde se celebrarán dous pasarrúas: de 11:00 a 12:00 horas e de 17:00 a 18:00 horas. Así mesmo, de 12:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas estarán na praza de Manuel Murguía para recibir a toda a cativada que queira achegarse a saudalas.
Co fin de dinamizar o comercio e a hostalaría local nos días previos ao comezo do curso lectivo, a Concellaría de Promoción Económica, en colaboración coa Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), organiza as xornadas de “Volta ao cole co comercio”, dúas tardes de propostas lúdicas e sorteos que se desenvolverán o venres 9 de setembro, no Milladoiro, e o martes 13, en Bertamiráns. A iniciativa ofrecerá actividades ás nenas e nenos de 3 a 11 anos, das 17:00 ás 19:00 horas, e á mocidade dos 12 aos 18, das 19:00 ás 21:00 horas, ademais de contar con arredor de 160 premios valorados en máis de 2.000 euros.
Volve a ter nas dúas principais vilas de Ames a iniciativa "Volta ao cole co comercio 2023". O día 6 no Milladoiro e o 7 en Bertamiráns, terán lugar as iniciativas para a mocidade de entre 12 e 17 anos, en horario de 18:30 a 21:30 horas. Para eles haberá toro mecánico, barredora, DJs e unha Holi Party, a festa de polvos de cores.
O día 13 de setembro, no Milladoiro, e o 14, en Bertamiráns, desenvolveranse as actividades para nenos e nenas de ata 11 anos, que deberán ir acompañados/as. Será de 17:00 a 20:00 horas, e haberá inchables, xogos do mundo e talleres de maquillaxe e tatuaxe.
Co fin de dinamizar o comercio e a hostalaría local nos primeiros días do curso lectivo, a Concellaría de Promoción Económica, en colaboración coa Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), organiza as xornadas de “Volta ao cole co comercio”, dúas tardes de propostas lúdicas e sorteos que se desenvolverán o venres 9 de setembro, no Milladoiro, e o mércores 21, en Bertamiráns. A iniciativa ofrecerá actividades ás nenas e nenos de 3 a 11 anos, das 17:00 ás 19:00 horas, e á mocidade dos 12 aos 18, das 19:00 ás 21:00 horas, ademais de contar con arredor de 160 premios valorados en máis de 2.000 euros.
O Concello de Ames e Maker Faire Galicia organizan unha nova edición de Innovames, unha xornada de innovación para as empresas de Ames que terá lugar o 16 de decembro no pavillón polideportivo do Milladoiro e na que se contará coa presenza de grandes referentes da innovación que conviven no propio concello. O obxectivo deste evento é poñer en valor os recursos e a capacidade de innovación local, fomentando a sinerxía e a colaboración entre as empresas e dando a coñecer ao público xeral o capital empresarial de Ames. Para dispor de máis información sobre o InnovAmes pódese consultar a páxina web do evento.
- ‹ anterior
- 8 de 22
- seguinte ›




