Pestanas principais

A xornada do programa “Volta ao cole co comercio” de Bertamiráns será o mércores 21 de setembro

Luns, 12 de setembro de 2022

Dende a Concellaría de Promoción Económica informan de que por mor das predicións meteorolóxicas que dan choiva para mañá martes, 13 de setembro, vaise adiar a xornada de “Volta ao cole co comercio” para o mércores 21 de setembro en Bertamiráns. Trátase dunha campaña para dinamizar o comercio e a hostalaría local no comezo do curso lectivo. A iniciativa ofrecerá actividades ás nenas e nenos de 3 a 11 anos, das 17:00 ás 19:00 horas, e á mocidade dos 12 aos 18, das 19:00 ás 21:00 horas. Haberá diferentes actividade lúdicas e sortearanse diferentes premios. Esta actividade realizouse o venres 9 de setembro no Milladoiro, onde participaron un gran número de nenos e nenas.

A xornada do programa “Volta ao cole co comercio” de Bertamiráns será o mércores 21 de setembro. A actividade ten que atrasarse uns días por mor da predición meteorolóxica que da choiva para mañá martes, 13 de setembro. Trátase dunha iniciativa que organiza por primeira vez a Concellaría de Promoción Económica coa colaboración con XEA, e que se desenvolverán de 17:00 a 21:00 horas, con dúas franxas horarias diferenciadas. Esta mesma actividade realizouse o venres 9 de setembro no Milladoiro, onde houbo unha gran participación de nenos/as e adultos.

En primeiro lugar, e ata ás 19:00 horas, será a quenda das nenas e nenos dos 3 aos 11 anos, mentres que na segunda metade do serán tomarán a remuda os mozos e mozas de 12 a 18 anos. Os rapaces e rapazas que asistan aos eventos poderá gozar de diversas actividades adaptadas ás diferentes idades, como inchables, xogos do mundo, coches a pedais, tiro con arco, escalada nun rocódromo con tirolina, ou mesmo un toro mecánico.

Tamén haberá sorteo de diversos premios, que inclúen agasallos de electrónica e vales de compra para establecementos relacionados coa volta aos centros de ensino, como por exemplo papelarías, librarías ou tendas de roupa para nenas e nenos.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explica que “despois de chamar a Meteogalicia informáronnos de que vai chover mañá martes, polo que decidimos non arriscar, e por iso cambiamos a xornada do programa Volta o cole que se vai celebrar en Bertamiráns. O obxectivo é poder organizar as actividades previstas no parque do Ameneiral e que os nenos e nenas poidan gozar dun día de xogos e entretemento”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Volven a adiar o Volta ao cole co comercio ata o 21 pola previsión do tempo"

A xornada do programa “Volta ao cole co comercio” de Bertamiráns será o mércores 21 de setembro

Multimedia

  • A xornada do programa “Volta ao cole co comercio” de Bertamiráns será o mércores 21 de setembro
  • Esta actividade realizouse o venres 9 de setembro no Milladoiro, onde participaron un gran número de nenos e nenas
  • Esta actividade realizouse o venres 9 de setembro no Milladoiro, onde participaron un gran número de nenos e nenas
  • Esta actividade realizouse o venres 9 de setembro no Milladoiro, onde participaron un gran número de nenos e nenas