Pestanas principais

Departamento de Promoción Económica e Emprego

Novas do departamento

Este martes, 22 de febreiro, a asociación Xunta de Empresarios de Ames inaugurou o novo local co que conta esta entidade na rúa do Pedregal, en Bertamiráns. A dito acto acudiron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, o concelleiro de Educación e Axenda Urbana, David Santomil, así como concelleiros e concelleiras dos grupos municipais da oposición. Estas instalacións, que teñen arredor de 60 metros cadrados, servirán para atender aos 109 socios/as que ten esta asociación, para facer cursos de formación e para cederllo aos/ás socios/as cando o precisen.

Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Ames, ten programados varios obradoiros para as datas de Nadal. Impartiranse dous cursos, dirixidos a nenos e nenas, de “Scratch”, un de introdución e outro de nivel medio, ambos de dous días. Esta aula formativa ten como obxectivo facilitar o acceso dos veciños e veciñas de Ames aos diferentes cursos que oferta, ademais dispón dun horario de Aula Aberta para que os interesados e interesadas poidan pasar a rexistrarte nas actividades, solicitar axuda ou outra clase de información, e usar os ordenadores. Por mor da Covid-19, os cursos programados realizaranse de xeito telemático.

O Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción Económica, iniciou o pasado 14 de decembro unha nova campaña das tarxetas desconto “Bonos Consuma”, esgotándose o orzamento de 60.000 euros destinado ao programa en dúas semanas. Así mesmo, xerouse un volume de negocio total de 248.463,74 euros nos 105 establecementos e comercios adheridos á campaña deste ano. O obxectivo desta iniciativa foi incentivar ao consumo do comercio e hostalaría local nestas datas de Nadal. Durante o período que estiveron dispoñibles os descontos, descargáronse un total de 3.281 bonos.

O Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción Económica, puxo en marcha con motivo da época de Nadal a campaña de tarxetas desconto “Bonos Consuma”, que xerou un volume de negocio total de 258.842,94 euros. En dita campaña participaron un total de 108 establecementos comerciais e de hostalaría de Bertamiráns e do Milladoiro. Cada persoa maior de 18 anos puido descargar un único bono por importe de 50 euros. A través desta iniciativa tratouse de contribuír á reactivación económica do comercio e da hostalería local. Nun prazo de menos de catro semanas esgotáronse os 61.000 euros que achegou o Concello para os Bonos Consuma. Durante dito período descargáronse 3.406 bonos e realizáronse 6.159 operacións.

Esta semana, os días 3 e 4 de xaneiro, o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá dous eventos solidarios, ambos enmarcados na programación municipal de Nadal. O día 3 de xaneiro a academia de danza Balancé representará “Mary Poppins el musical”, en beneficio das fundacións Aladina e UCIM. Pola súa banda, o 4 de xaneiro vaise representar o espectáculo “Óliver Insua e amizades”, un festival benéfico en favor de ASANOG.

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este luns, 19 de outubro, ás 20.30 horas, a presentación do Plan ReactivAmes, que conta con 99 medidas de reactivación económica e social para o concello de Ames. Para desenvolver dito Plan o Concello de Ames destina 7.071.620 euros. Dentro de ditas medidas inclúense 57 medidas de inversión en obra pública, 13 medidas de promoción económica, 12 medidas de índole social, 6 medidas no ámbito tecnolóxico, 4 medidas relacionadas coa administración e Goberno local, 4 medidas fiscais e 3 medidas de seguridade e saúde. Dende o pasado mes de maio está activo un portal web informativo do Plan ReactivAmes, onde se recollen as medidas locais e medidas económicas que xa se adoptaron e que se irán executando no concello de Ames ante a nova realidade económica e social derivada da crise sanitaria da Covid-19.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, acaba de expoñer na Casa da Cultura do Milladoiro unha selección de fotografías que se presentaron á campaña “Ilumina o teu sorriso”, organizada dentro da programación de Nadal de 2019 polas asociacións de comerciantes e empresarios Palmira Bulebar, a Asociación de Pequenos Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro e a Xuntanza de Empresarios de Ames, en colaboración co Concello de Ames. Dita mostra, que está composta por arredor de 40 fotografías, estará exposta no Milladoiro ata o 15 de marzo. Despois trasladarase á Casa da Cultura de Bertamiráns do 17 ao 31 de marzo.

O pasado venres, 28 de outubro, estreouse no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro o documental “Ames, terra de acollida”. Trátase dun documental sobre a industria e a actividade económica no concello de Ames, pero no que tamén se abordan outras temáticas como o crecemento demográfico e urbanístico, a multiculturalidade da poboación amesá, así como os atractivos culturais, turísticos e patrimoniais do concello amesán. A súa veciñanza, representantes do seu tecido asociativo e distintos persoeiros senlleiros, interveñen tamén cas súas testemuñas, para afondar na esencia desta terra. O documental está producido por Xurdir Producións Audiovisuais e conta coa colaboración do Concello de Ames. Premendo nesta ligazón podes ver o documental.

A Unión de Consumidores de Galicia vai impartir o mércores, 2 de novembro, ás 20.00 horas, unha charla sobre comercio electrónico, banca electrónica e as súas garantías. A charla impartirase no salón de plenos da Casa do Concello. Esta actividade enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).

A comisión de festas de Bertamiráns, en colaboración co Concello de Ames e coa asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), organiza unha festa do magosto que se desenvolverá o sábado, 19 de novembro, na praza da Maía, en horario de 17.00 a 20.00 horas. Haberá castañas de balde e música a cargo do grupo A requinta da Maía e do dúo Eva e Camilo.

Eventos del departamento

O venres 30 de xuño terá lugar a segunda cita do programa AmesOn. Haberá un concerto que correrá a cargo de DJ Gallaecia, enmarcado dentro da cea solidaria de Obra Social Pediatría. Será ás 20:00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. 

O programa AmesOn acolle o sábado 15 de xullo unha festa de DJs. Celebrarase ás 21:00 horas, no parque do Ameneiral de Bertamiráns. 

O sábado 12 de agosto celebrarase o concerto de Los mecánicos, no parque do Ameneiral de Bertamiráns, ás 21:00 horas. Trátase dun evento enmarcado dentro do AmesOn. Los mecánicos son unha das bandas de versións pioneiras en Galicia, e interpretan música pop e rock dos 60: os Beatles, Elvis, Raphael, os Grincos ou os Bravos. 

O domingo 3 de setembro celebrarase o último concerto do programa AmesOn, que correrá a cargo da orquestra Olympus. Será ás 19:00 horas, no aparcadoiro do Supercor, no Milladoiro. Abrirán a actuación os gañadores da terceira edición do concurso de karaoke Canta con Ames. 

O martes 8 de agosto terá lugar un concerto de Paco Nogueiras, enmarcado dentro do programa AmesOn, na praza de Chavián de Bertamiráns. Será ás 19:30 horas. Nogueiras, músico e actor, combina a súa labor en diversas formación teatrais con ser monitor de teatro e realizar numerosos espectáculos para o público infantil e familiar. 

O programa AmesOn abre o mes de agosto co concerto de Tacón gitano, que terá lugar o sábado día 5 ás 21:00 horas, na praza de Manuel Murguía do Milladoiro. Trátase dun trío de flamenco composto por Moisés Fernández (cajón flamenco), Isaías Salazar (bailaor) e Rubén Fernández (guitarra e voz). 

O grupo A Percutería amenizará a ritmo de batukada o mercado do sábado pola tarde en Bertamiráns.

A actuación terá lugar entre as 18:00 a 19:30 horas.

A programación “Nadal con Ames na Rúa” continúa a pesar das recentes cancelacións por mor da situación epidemiolóxica, cunha das súas actividades chave. Papá Noel visitará nas próximas xornadas os núcleos urbanos de Ames, O Milladoiro e Bertamiráns, co fin de escoitar as peticións da rapazada, coñecela e fotografarse con eles e elas. O xoves 23 de decembro será a quenda da Biblioteca Municipal do Milladoiro, mentres que o venres 24 Papá Noel desprazarase ao auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. En ambas localidades, as visitas realizaranse de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas, respectando a orde de chegada e a distancia de seguridade interpersoal.

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle o venres, 30 de xuño, a primeira edición da cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames. Trátase dun evento que está organizado por Xuntanza de Empresarios de Ames, Obra Social Pediatría e Albarín catering e eventos, e no que colabora o Concello de Ames. O obxectivo desta iniciativa é recadar fondos para contribuír á investigación sanitaria e ao incremento da calidade asistencial dos pacientes pediátricos do CHUS. O prezo do menú será de 30 euros para os adultos e de 15 euros para os rapaces e rapazas de 6 a 12 anos. Para os nenos e nenas de ata 6 anos a entrada será gratuíta. Destes importes, 5 euros son de donativo. Premendo nesta ligazón podes acceder ao formulario que hai que cubrir para mercar as entradas da cea e á información da Fila Cero por se queres realizar un donativo. Para obter máis información tamén se pode chamar ao número de teléfono 641 11 60 05.

O espazo de coworking A Proa, no Milladoiro, organiza para o xoves, 4 de maio, unha charla sobre podcasting e marca persoal. Terá lugar ás 11:30 horas, nas instalacións da Proa, e estará impartida por María José Bermúdez. A entrada é de balde, e os interesados en asistir poden inscribirse premendo nesta ligazón.